Publicacións

Dito 60 : O mestre da Cruz

Imaxe
O mestre da Cruz     Moito antes da escola do Taller, aberta pouco despois da guerra, estivera funcionando en Santomé, dende principios de século a escola do Cruceiro, situada esta na primeira casa a esquerda baixando cara o Fondo do Lugar. Mestres que se recordan nesta escola, pode que non por este orde: Antonio Feberero, natural de Santomé, pai de Senén e da tía Concha do Caravel ; Antonio Reza de Tallón; unha mestra da familia Del Caño de Cartelle; Francisco de Celanova, este sen título de mestre, viviu na casa de Herminda, nai de Concepción, a que agora e de Virxinia;   Aurora da Arnoia que, mentres estivo   no pobo, viviría na casa da Tía Isaura; Bautista de Santomé e Nabor de Xestosa.     De todos os nomeados, do único que hai información fiable e de Bautista, por poder contar coa axuda dos seus fillos Eladio e Julita, aínda hoxe con moita memoria para recordar feitos e vivencias acontecidas a seu pai.   ...

Dito 59 : Non é nostalxia, é memoria

Imaxe
Non é nostalxia, é memoria Para o que nunca oíra falar de min, dicir que estou situado a uns 450 metros de altitude, no suroeste, cara o Coto de Novelle, ollando os montes de Portugal. A pouca distancia de aquí,  entre as fontiñas do Fragoso e a Pedra Furada, fago converxer os concellos de Toén, Castrelo de Miño e Cartelle nun punto nomeado Trifinio. Cando chove no Picoto dos Corvos, as gotas que caen do lado de Ramiras, irán a parar ao Fragoso e chegaran o Rio Miño entre Vide e Astariz. As que dan a Moradella discorrerán polo regato de Porros, ou do Ribeiro, de aí o Rio Gato hasta o Arnoia e volverían a xuntarse no Miño a altura de Francelos. Neste picoto tamén empeza o descorrer de casas, maiormente de pedra e aínda medio novas, que segue a un lado e outro da estrada hasta a Presoría. Si queredes coñecerme por dentro non tendes mais que coller a rúa que vai o Mesón, baixar polos Canastros, a Castiñeira, hasta o Cruceiro. Aí parádevos un pouco porque ese poid...

Dito 58 : A tenda do tío Rubio

Imaxe
A TENDA DO TÍO RUBIO     Chegaría a haber unhas cantas tendas mais no Santomé da época despois de esta, pero a do Rubio puido ser a primeira.      Para que un home que non era do lugar, nin da provincia, nin sequera tendeiro, acabara abrindo un negocio dese tipo, terían que darse unha serie de casualidades/causalidades, e vaia si se deron.      Chamábase Remixio e alcumábano o Rubio, nacera en San Juan de Almuide, unha pequena aldea de Lugo preto de Escairon, un 21 de Abril de 1891. Recen cumpridos os vinte anos xa dispón de todos os papeis que lle farían falta, incluída unha autorización de seu pai, para emigrar a Bos Aires. Pola razón que fose, nunca chegou tan lonxe, quedaríase en Cuba, concretamente na Habana.     Alí, gracias a un parente, encontraría traballo nun taller de reparación de tranvías, vehículos que, pouco tempo despois, acabaría conducindo. Na Habana tamén atoparía a que sería a súa...

Dito 57 : Oliñas veñen e van

Imaxe
                                                 Oliñas veñen e van ... A Bouza, Santomé, Ramiras. Tres pobos, tres olas. Parecidas pero diferentes, poda que porque foron feitas con mans diferentes, en sitios distintos ou cocidas en fornos diversos. Con todo, as tres olas terían moito en común. No museo provincial de Ourense consta que as tres son olas de Santo Tomé de Cartelle. Hai outro museo no castelo de San Antón, na Coruña, onde se pode ver un boletín sobre arqueoloxía e historia, que fai referencia a cerámica popular de Galicia. Lendo ese boletín, podería quedar medio aclarado o enigma anterior. O autor do estudo sostén que a “industria” cerámica da zona, comeza na Bouza, se traslada a Santomé e remata, arredor de 1940, en Ramiras. Aínda que non se saben as fechas do comezo, si se pode supoñer que sería, como mínimo, a principios do século XIX....

Dito 56 : Soneto a un rapaz de Santomé

Imaxe
Fondo Lugar Soneto a un rapaz de Santomé Canto sinto rapaz non coñecerte no Santomé común e benquerido e si, por este medio compartido, poder ao fin chegar a comprenderte. Por aquí, tamén recoñecerche, o teu traballo para nada interesado, honradez, dedicación sen menoscabo, disposición total agradecerche. Pero mais que nada, e de que maneira, aflora a sensibilidade no teu Ente, que te querería aquel que non te queira. Os que recordas e que están na outra Leira, satisfeitos estarían de repente do resultado da súa sementeira. Por un amigo da infancia Nosa beizón, amigo You've got a friend Moradelha editora

Dito 55 : Jesus de Maravilhas

Imaxe
Casa de Jesus de Maravilhas Jesus de Maravilhas Jesus era o irmao maior dos filhos de Maravilhas. Os pais ían trabalhar as leiras e deixavam a Jesus gardando òs meninhos. - Jesus, quedas ò cargo dos nenos: - Tem tino deles - Cuida-os bem - Que nom se manquem - e joga con eles Entom ao quedar sos os nenos, Jesus dizia-lhes, - Se nom vos portades bem, quando venhan os pais, hei-lhes dizer : - Que nom tivestes tino de mim - Que nom me coidastes - Que quigestes-me mancar - e que nom jogastes conmigo A Carme do tio Vito Foto: A casa de Jesus de Maravilhas, no Souto. Moradelha editora

Dito 54 : A escola do Taller

Imaxe
🎵  Anduriña Juan y Junior     A Escola doTaller by  Luis de Olimpia Diario hipotético dunha Mestra:    Primavera de 1956        << Creo que mañá empezan tres novos mais, isto estase poñendo demasiado complicado. Así xa serán 55; 39 de Santomé e 16 de Terzas, cando en ningún caso deberíamos haber pasado de 40 en total. Haberá que pedir mais bancos e outra mesa, pero xa non queda sitio onde metelos.     Fai tempo que andan dicindo que van facer a escola de Terzas, pero non dan empezado e síntome mais desbordada cada vez. O único que lles interesa os pais e que eu lle atenda os seus fillos, tres horas pola mañá e dúas pola tarde, para que eles poidan ir a traballar as súas terras, pero resulta que eu tamén teño fillos que atender, e terras que traballar>>.     Chamábase Hermelinda Orozco   e nacera en Terzas.         Se podía ato...