Dito 89 : Encontros que podían haber ocorrido
Santo Tomé, Marzo 2012 De conversa polas Airiñas -¡Ti podes crer que por onde estamos a pasar agora tiñamos nos unha viña e a única maneira de vela sería pechando os ollos e facer memoria, xa que doutra maneira solo se poden ver toxos, silvas e piñeiros! -Dimo a min, que moitas noites na cama e sen durmir, penso nalgunhas fincas que tiñamos e neses momentos sería capaz de saber como eran as marxes, e onde se atopaban os marcos, pero cando estou na zona son incapaz de localizalas. Esta conversa levaban Maruxa e Ramiro aquela tarde de outono paseando pola pista recen feita coa chegada da parcelaria en Santomé. Decidiran ir a tomar un café pero cando estaban chegando ao bar acordaran deixalo para mais tarde e seguir andando hasta a Cruz, alí coller á esquerda cara ás Airiñas, pasar pola Subilleira, os Cardedos e seguir hasta o Tapado. -A min iso tamén me pasa cos camiños, que penso que vou co carro de vacas ou andando...