Dito 57 : Oliñas veñen e van

Oliñas veñen e van ... A Bouza, Santomé, Ramiras. Tres pobos, tres olas. Parecidas pero diferentes, poda que porque foron feitas con mans diferentes, en sitios distintos ou cocidas en fornos diversos. Con todo, as tres olas terían moito en común. No museo provincial de Ourense consta que as tres son olas de Santo Tomé de Cartelle. Hai outro museo no castelo de San Antón, na Coruña, onde se pode ver un boletín sobre arqueoloxía e historia, que fai referencia a cerámica popular de Galicia. Lendo ese boletín, podería quedar medio aclarado o enigma anterior. O autor do estudo sostén que a “industria” cerámica da zona, comeza na Bouza, se traslada a Santomé e remata, arredor de 1940, en Ramiras. Aínda que non se saben as fechas do comezo, si se pode supoñer que sería, como mínimo, a principios do século XIX....