Dito 58 : A tenda do tío Rubio

A TENDA DO TÍO RUBIO Chegaría a haber unhas cantas tendas mais no Santomé da época despois de esta, pero a do Rubio puido ser a primeira. Para que un home que non era do lugar, nin da provincia, nin sequera tendeiro, acabara abrindo un negocio dese tipo, terían que darse unha serie de casualidades/causalidades, e vaia si se deron. Chamábase Remixio e alcumábano o Rubio, nacera en San Juan de Almuide, unha pequena aldea de Lugo preto de Escairon, un 21 de Abril de 1891. Recen cumpridos os vinte anos xa dispón de todos os papeis que lle farían falta, incluída unha autorización de seu pai, para emigrar a Bos Aires. Pola razón que fose, nunca chegou tan lonxe, quedaríase en Cuba, concretamente na Habana. Alí, gracias a un parente, encontraría traballo nun taller de reparación de tranvías, vehículos que, pouco tempo despois, acabaría conducindo. Na Habana tamén atoparía a que sería a súa...