Dito 59 : Non é nostalxia, é memoria

Non é nostalxia, é memoria Para o que nunca oíra falar de min, dicir que estou situado a uns 450 metros de altitude, no suroeste, cara o Coto de Novelle, ollando os montes de Portugal. A pouca distancia de aquí, entre as fontiñas do Fragoso e a Pedra Furada, fago converxer os concellos de Toén, Castrelo de Miño e Cartelle nun punto nomeado Trifinio. Cando chove no Picoto dos Corvos, as gotas que caen do lado de Ramiras, irán a parar ao Fragoso e chegaran o Rio Miño entre Vide e Astariz. As que dan a Moradella discorrerán polo regato de Porros, ou do Ribeiro, de aí o Rio Gato hasta o Arnoia e volverían a xuntarse no Miño a altura de Francelos. Neste picoto tamén empeza o descorrer de casas, maiormente de pedra e aínda medio novas, que segue a un lado e outro da estrada hasta a Presoría. Si queredes coñecerme por dentro non tendes mais que coller a rúa que vai o Mesón, baixar polos Canastros, a Castiñeira, hasta o Cruceiro. Aí parádevos un pouco porque ese poid...