Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2020

Dito 60 : O mestre da Cruz

Imaxe
O mestre da Cruz     Moito antes da escola do Taller, aberta pouco despois da guerra, estivera funcionando en Santomé, dende principios de século a escola do Cruceiro, situada esta na primeira casa a esquerda baixando cara o Fondo do Lugar. Mestres que se recordan nesta escola, pode que non por este orde: Antonio Feberero, natural de Santomé, pai de Senén e da tía Concha do Caravel ; Antonio Reza de Tallón; unha mestra da familia Del Caño de Cartelle; Francisco de Celanova, este sen título de mestre, viviu na casa de Herminda, nai de Concepción, a que agora e de Virxinia;   Aurora da Arnoia que, mentres estivo   no pobo, viviría na casa da Tía Isaura; Bautista de Santomé e Nabor de Xestosa.     De todos os nomeados, do único que hai información fiable e de Bautista, por poder contar coa axuda dos seus fillos Eladio e Julita, aínda hoxe con moita memoria para recordar feitos e vivencias acontecidas a seu pai.   ...