Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2020

Dito 61 : Por unha verza branca

Imaxe
  A Fontela de Santomé Setembro de 2018 Por unha verza branca   Era o día da festa de Ramiras, 24 de Setembro de 1946. Remixio e Manuel da tía Lolita, vestidos xa coa roupa nova, pasaron pola casa do Fouceiro a buscar a Xosé quen era o seu habitual compañeiro de festas. Alí dixéronlle que non estaba e, tampouco lle souberon dicir onde podía andar, cousa que lles sorprendeu bastante pero, como xa era tarde para esperar, marcharon os dous solos, pensando que xa o encontrarían mais tarde. A familia dos Fouceiro serían os pioneiros en plantar verza branca nas terras de Santomé e, faríano nunha ardade moi fértil que tiñan na Fontela, co resultado duns exemplares que serían a envexa da xente que pasaba pola súa beira. Isto traería outro tipo de problema; que da noite para a mañá desaparecera algún pé de verza das mais  repoladas. O Tío Purrela de Ramiras quedara viúvo con tres fillos que, a duras penas podía manter dado o seu estado económico de precariedade. Aínda así,...