Dito 69 : A muller, o home e o autobús

O coche de liña Coñecían de memoria as 119 curvas que formaban a estrada que ía de Santomé a Ourense e sabían como trazar cada unha delas. Tamén as 15 paradas obrigadas en todo o traxecto; habería algunhas mais, alternativas, para deixar ao viaxeiro mais preto da casa, e outras cando xurdía unha avaria ou o pinchado dunha roda. Eran o Home e o Autobús, compenetrados, como si fosen dous nun. A muller, onde queira que estivera, deixaba o que fose para preparar o xantar cando escoitaba o bucinazo baixando do Picoto dos Corvos. Hasta o Fistón se botaría a correr, desde onde se encontrara, para chegar a Airas ao mesmo tempo co seu amo. Serían 25 anos seguidos de servizo; 9.125 días incluídos sábados e domingos, sen vacacións; dúas viaxes de ida e volta diarias, por veces reforzos de trasporte escolar, vodas, enterros… O Home e o último Autobús que conducira, xubilaríanse ao mesmo tempo, pero nunca se acabarían separando de todo. A empresa, ao velos tan unidos, ofreceralle ao Home leva...