Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2021

Dito 71 : Nos cárceres de Franco

Imaxe
      A Odisea de Petolo   Nos cárceres de Franco     « Cando estabamos nos “maquis”, comiamos mellor que cos campesiños porque, o pobo francés, ao principio non comprendía o que eran as guerrillas, pero cando viron que eran unha forza de liberación, entón si, o pobo envorcouse en axudar as guerrillas. Hai que dicir que na nosa xuventude estivemos na Guerra Civil en España, na Segunda Guerra Mundial en Francia, nas guerrillas, e despois pasamos os Pirineos para aquí; eu pasei o 18 de outono de 1944 e o día 11 de novembro caín preso polo garda civil e leváronme ao cárcere de Torrero (Zaragoza). Andabamos polo monte de noite, e de día estabamos quietos para que non nos localizaran. Claro, había xente que estaba de acordo con nos e outra que non, e a nos perseguíanos a garda civil, os falanxistas, o exercito, todos; e pensamos que nos denunciaron os veciños de algún pobo por onde pasamos » . O 19 de outono de 1944, entre tres e catro mil guerrille...