Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2021

Dito 74 : A druidesa do Valiño

Imaxe
  Pedra laxe A druidesa do Valiño   Xa facía uns días que o pai de Eladio lle andaba dicindo que tiña que ir con el a reforzar o valado da viña do Valiño porque a veces saltaba o gando que andaba solto no monte e comíalle os follatos das cepas. Cando foron encontráronse con que non había pedra dabondo e tiveran que recorrer a buscala no monte que tiñan na cabeceira da viña. Ao pai dábaselle bastante ben facer os valados e díxolle ao seu fillo que fora carrexando a pedra do monte que el xa iría asentándoa. Eladio empezou collendo as pedras que lle quedaban mais preto pero cada vez eran mais escasas e pequenas e seu pai protestáballe porque non valían para o que el necesitaba. Contra a cima do monte sempre houbera unha morea de pedra que, co tempo, fora sendo cuberta dunha capa de terra e toxos con mangurro. Eladio colleu un sacho e comezou a escarvar para ver o que había debaixo e non tivo que esperar moito para ver que alí estaban as boas pedras para o valado, pero había q...