Dito 75 : Pronto voou o Pichón

Casa do Pichón ¡Pronto voou o Pichón! Si recordar, e vivir dúas veces, entón esquecer sería morrer dobremente. (anónimo) « Un día que lle andaba axudando a meu padriño a arrancar patacas no Bacelo, díxome: - tes que marcharte de aquí, esta non é vida para un rapaz coma ti, vaite para Venezuela, alí terás mais oportunidades e poderás gañar cartos, mentres que aquí nunca sairás da miseria. - Eu díxenlle: e como me vou ir, si non sei nin o que teño que facer - pois mira, dixo el, vas a Ourense a unha axencia de viaxes e alí diranche todo o que necesitas - pero tampouco teño os cartos para a viaxe - ti por iso non te preocupes, respondeume el, os cartos téñoos eu. Recordo que fun a unha axencia que había na rúa do progreso e dixéronme que necesitaba un consentimento dos pais e que a viaxe me costaría arredor de 8.000 pesetas. Desde Ourense volvín polo concello de Cartelle para pedir o consentimento, tiña que levarllo a meu pa...