Dito 88 : Compañeiros de andar aos niños
Compañeiros de andar aos niños Poido ocorrer nos principios dos anos 1960, Antonio sancristán mais eu, ademais de monaguillos do primeiro cura que viñera novo para Santomé, eramos compañeiros de xogos e tamén de andar na busca de niños. Daquelas había moitos paxaros que facían os seus niños debaixo das tellas da igrexa, case todos eran negros, nos chamabámoslle cirrios a uns que eran moi parecidos ás andoriñas e choios a outros que se asemellaban aos merlos, debían de ser estorniños; tamén estaban os pardaos pero a estes dabámoslle menos importancia. Antonio vivía na casa dos seus avós, o tío Xosé sancristán e a tía Elvira, xa que seus pais botarían unha longa temporada en Venezuela; como a veces era el o que abría ou pechaba a porta da igrexa, non lle sería nada difícil conseguir as chaves para subir ao campanario, dende alí, acceder ao tellado, quitar as tellas onde se intuía que podían estar os niños e collerlle os ovos que podían ter, sería unha tarefa bastante fá...