Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2022

Dito 98 : Pepe foise de Rositas

Imaxe
  Pepe foise de Rositas    Non sabería dicir con certeza si foramos amigos ou compañeiros, o certo era que sempre nos levamos ben. Na escola do Taller á que asistiramos dende os seis anos, sentabámonos durante un tempo nun mesmo banco onde, co resto dos da fila e sen que a mestra se dese conta, abriríamos a petrina mais dunha vez para comparar quen era o que a tiña mais grande. O descorrer do tempo e a natureza fóranse encargando de que pasásemos de rapaces a mozos case sen darnos conta, aínda que uns mais favorecidos fisicamente que outros para gustarlle ás mulleres, así el acabaría tendo moito mais éxito sen apenas molestarse en buscalas mentres que a min, por moito que o intentase, faríanme menos caso. Cumpridos mais ou menos dezaoito anos Pepe “botouse” unha moza na Seara cando aínda estaba de moda que a nai da moza deixase subir ao cuarto da casa ao seu pretendente; eu acompañárao algunha vez, mais que nada para ir de paquete na súa Montesa que acababa de compr...