Dito 100 : Do Mesón ás Empozadas
O Mesón Maio de 2016 Do Mesón ás Empozadas -¿Ti acórdaste cando íamos por aquí ao monte co gando cara o Lameiro de Ramiras ou Val Redondo? -Como non me bou acordar, ás veces xuntabámonos varios e deixabamos que as vacas andasen soltas pacendo mentres nos xogabamos á piña, o perrojato ou calquera outro xogo de rapaces inocentes e sen malicia Aquel día Maruxa e Ramiro colleran a súa andaina en dirección aos Feás, pasaran polo Barreiro e pensaban ir hasta as Empozadas polo camiño mellorado agora pola chegada da parcelaria, para despois vir de volta pola estrada dos Castros. -Malicia non habería moita pero xa non eramos tan rapaces, e inocentes menos, eu recordo que sempre andaba aproveitando algún descoido que podiades ter as mulleres para vervos as pernas, aínda que era practicamente imposible xa que traiades uns vestidos tan longos e unhas medias hasta tan arriba que non deixaban ver nada -¡Mira ti!, mal pensei eu que foses un aproveitado deses, coa cariña que tiñas de b...