Dito 104 : Familias, casas e cousas (II)

Familias Casas e Cousas (II) Nos Loureiros Saíndo do Cruceiro cara a Castiñeira veredes un patio fronte á casa da Sardiñeira; suponse que o alcume quedaríalle por haber exercido ese oficio nalgún tempo, Rosa, seu home Xosé, 27/6/1898 , ou os dous. Rosa Dieguez Pousada era de Meizo, irmá de Antonio (Capitán), casara con Xosé Villar Villar de Santomé e tiveron tres fillas. A familia de Xosé, tamén tería algo que ver coa do home da tía Lolita e do da tía Consuelo. O patio usaríano como tal dúas familias que viviran aí hasta non fai moito, pero máis que patio sería un lugar de paso para uso de calquera veciño que quixera ir aos Loureiros, ao Souto de Abaixo ou tamén un atallo cara o Fondo do Lugar. Xusto á dereita da entrada dese patio estaba, aínda está con moitos cambios, a casa que albergou durante máis de dous centos anos unha rama dos Estevez, apelido que levarían moitas familias do lugar pero de orixes diferentes. Para saber algo des...