Dito 104 : Familias, casas e cousas (II)

 


Familias Casas e Cousas (II)

   Nos Loureiros

   
Saíndo do Cruceiro cara a Castiñeira veredes un patio fronte á casa da Sardiñeira; suponse que o alcume quedaríalle por haber exercido ese oficio nalgún tempo, Rosa, seu home Xosé, 27/6/1898, ou os dous. Rosa Dieguez Pousada era de Meizo, irmá de Antonio (Capitán), casara con Xosé Villar Villar de Santomé e tiveron tres fillas. A familia de Xosé, tamén tería algo que ver coa do home da tía Lolita e do da tía Consuelo. O patio usaríano como tal dúas familias que viviran aí hasta non fai moito, pero máis que patio sería un lugar de paso para uso de calquera veciño que quixera ir aos Loureiros, ao Souto de Abaixo ou tamén un atallo cara o Fondo do Lugar. 

Xusto á dereita da entrada dese patio estaba, aínda está con moitos cambios, a casa que albergou durante máis de dous centos anos unha rama dos Estevez, apelido que levarían moitas familias do lugar pero de orixes diferentes. Para saber algo desta rama habería que retroceder, como pouco, a principios de 1800 que é cando nacen Esteban Estevez e María Dieguez, matrimonio que tivera dous fillos: Xosé e Severina.

Xosé casou, en primeiras nupcias, con Cristeta Febrero e tiveran catro fillos: Víctor, 15/12/1862; Luís, 11/6/1864; Manuel, 8/2/1867 e Veneranda, 9/9/1868; os dous últimos faleceran ao pouco de nacer. Logo de quedar viúvo casara con Xenerosa Villar e tiveran outros tres: Elisa, 19/10/1872; Florencio, 12/8/1875 e María, 22/05/1879. Se sabe que, tanto os fillos do primeiro matrimonio como os do segundo, viviran nesa casa. Víctor, Elisa e María fóranse de novos e solteiros para Arxentina. Elisa e María botarían familia alá e nunca regresaron, mentres que Víctor volveu, cumpridos xa os cincuenta anos para casarse, en 1915, con María da Cruz, 3/5/1888, irmá do tío Regalo, pero estes xa non quedarían a vivir nesa casa, onde si o faría hasta ao final da súa vida, Luís.

Luís casou en 1895 con Rosa González Villar, 5/6/1864. Dese matrimonio nacerían catro fillos: Blandina, 9/12/1896, Xosé, Evencio e Nabor. Xosé e Nabor emigraron pronto a Bos Aires e alí acabarían formando familia para non volver. Evencio tamén estivo na Arxentina dende 1919, pero volvería para casar, cando contaba vinte e nove anos, 13/7/1929, con Eudosia González Sousa, irmá do Motela de Baldaríz, de vinte e catro. Tanto Eudosia como Evencio morreran a unha idade moi temperan deixando dous fillos orfos, Rosa e Antonio.


Blandina casou, 24/5/1917, con Xosé Cougil Dieguez de Ramiras. A Ramiras tamén iría vivir e nacerían os seus fillos, Pepe e Olimpia. A rama deste Cougil ven de Astaríz, de onde era o pai de Xosé, Manuel, músico que tocaba na banda de Ribadavia. Xosé emigrara a Cuba en 1920, onde durante un tempo tamén o acompañaría Blandina. En 1924 retornan os dous e despois de comprar casa e varias fincas en Ramiras, el volve a marchar, desta vez para non volver. Blandina cos seus fillos continuaría a vivir no lugar, hasta que se dera de conta que en Ramiras xa non tiña nada que perder e acabaran retornando os tres ao patio da rúa dos Oleiros; isto ocorrería nos arredores de 1945.
A outra familia que vivira na casa que estaba, aínda está, ao fondo do patio e compartindo este, estaría formada polo matrimonio celebrado, 13/5/1901, entre Ausencio Villar Pérez e Cristalina Gonzalez Orozco. Ausencio, 1/9/1868, era fillo de Antonio Villar e Andrea Pérez, quen tiveran tres máis: Manuel, 5/7/1862, Eudosia e Adosinda, 30/7/1864. Cristalina era filla de Antonio González Dopazo  e Xosefa Orozco Nieves, 20/11/1859.


Os pais de Antonio eran de Freás de Astaríz, mentres que o pai de Xosefa era de Santomé e a nai de Sabucedo. O matrimonio tivera nove fillos: Cristalina, 4/10/1880; Xosé, 19/4/1885; Palmira, 12/3/1889: Ramón, 4/5/1891, falecido aos dous meses de nacer; Ramón Antonio, 8/1/1892; Nieves, 23/9/1894; Sara, 5/5/1897, se sabe que casou na Habana en 1926 con Xosé Sanchez; Consuelo, casara con Celso de Terzas e María, (Fariñeira).

Os que habitaran esa casa dende principios do século XX hasta fai uns anos serían entón o matrimonio entre Cristalina e Ausencio e a súa descendencia, tres fillos: Amparo, Herminio e Xosé. Amparo marchara para Cuba de solteira, pero retornou casada con Antonio González González, (Mario), irmán da tía Francisca e naturais de Bande: cando volveron fixeran unha casa de planta baixa rodeada dun balado de laxe pegada ao camiño que ía do Mesón a Ramiras.  Alí irían a vivir hasta o seu prematuro e accidentado pasamento, como se relataba nun escrito de 29/12/2019 titulado «un lugar sen gardas e sen Amparo».Nunca chegaran a ter descendencia.

Quen si a tiveran foran os outros dous irmáns; Herminio e Carme, tres mulleres e un home; así como Xosé e Hortensa, catro mulleres e dous homes. A casa, que fóra toda unha, acabaríana dividindo para vivir as familias independentes, aínda que compartindo patio, escaleiras e parte do corredor. Na segunda metade de 1940, Herminio coa súa familia deciden ir vivir ao Mesón, onde compraran a casa que fora do tío Delmiro. En 1949, Olimpia e Remigio, que facía un ano que casaran, acábanlle comprando esa parte da casa, unha cociña e unha pequena horta a Herminio nas mesmas condicións que viñan tendo. Dicir que, a pesar de ter que compartir eses servizos, non se recorda que iso ocasionara ningún tipo de conflito para a convivencia das dúas familias.

Esta rama do apelido Estevez, como tantos outros que van e veñen, desaparecería de Santomé dende os principios deste século, pero non sería nada estraño que se mantivera na Arxentina, onde quedaran parte dos que o levaban. As últimas noticias de contacto con esta familia son de 1979 a través dunha carta que lle escribe Nabor a seus sobriños Xosé e Olimpia onde, entre outras cousas dille que a súa filla Rosa vai estar uns días por Madrid e que, si puidera, gustaríalle achegarse a Santomé sempre e cando se poñan en contacto para indicarlle a mellor maneira de facelo.


A medida que un afonda mais na existencia e na vida destas xentes, non pode pasar desapercibido a influencia que deberon de ter algunhas causas ou elementos externos, como poido ser a emigración, ou  tamén o libre intercambio de mozas e mozos casando e indo a vivir a outros pobos dos arredores, así como xentes foráneas que viñeran a facelo a Santomé. Como se vai vendo, poucas son as familias onde algún ou varios dos seus membros se libran de emigrar, primeiro a Arxentina, Cuba, logo Venezuela e, xa mais tarde a países europeos, sen esquecer os que se foran dispersando polo propio país. O que emigraba facíao sempre na procura dunha vida mellor e, salvo algúns casos, case sempre a conseguirían pero o prezo que tiveran que pagar tamén habería de ser elevado, para algúns tanto como o propio desterro.


Nota: podería parecer esaxerada a cantidade de nomes, apelidos e datas que van aparecendo nos escritos, pero valorouse a importancia que estes teñen, sobre todo as datas de bautizos para poder identificar de mellor maneira aos familiares, aínda que iso puidera privar ao texto de ser mais fluído. Dicir tamén que, entre tanta mestura de datos, poderían aparecer algúns erróneos; si así fose, calquera membro da familia que o notase e quixera cambialos, sempre podería mandar ao correo electrónico: moradella.ed@gmail.com, a  súa observación para que fose corrixido.


Texto por Luis de Olimpia





Moradelha editora




Publicacións populares deste blog

Dito 122 : De Ensenada aos nosos días

Dito 113 : Familias, casas e cousas (IX)

Dito 118 : Familias, casas e cousas (XIV)

Dito 121 : O mellor e único amigo do Tolo

Dito 115 : Familias, casas e cousas (XI)

Dito 106 : Familias, casas e cousas (IV)

Dito 112 : Familias, casas e cousas (VIII)

Dito 87 : O que se sabe e o que se supón que poido pasar

Dito 116 : Familias, casas e cousas (XII)

Dito 117 : Familias, casas e cousas (XIII)