Dito 112 : Familias, casas e cousas (VIII)
Gumersindo Febrero Pérez de 37 anos e Florinda Gonzalez Pérez, (Flores) de 31, casaron, 20/8/1898, na igrexa de Cartelle; ao matrimonio solo se lle sabe de dous descendentes: Celsa (da Capilla) e Jovita, que emigrou a Cuba e non se recorda que retornara.
Benita Febrero
Pérez de 24 anos e Tomás Dieguez Bande de 26, casaron, 14/5/1887, na igrexa de Cartelle; Tomás era irmán do tío Severino,
o matrimonio tivo, que se saiba, catro fillos: Manuel, Xosé, Valentín e Elias.
Xosé Febrero Villar, (mestre) de 30 anos e
Manuela Pérez Estevez de 25, casaron, 3/7/1903,
na igrexa de Cartelle e tiveron tres fillos: Antonio, (cura no Riveiro e Vilar
de Vacas), Senén, (tío Senén de Cartelle) e Concha, (muller de Antonio Caravel).
Pilar
Febrero Villar de 33 anos e Indalecio Gonzalez Estevez de 41, casaron, 23/7/1908, no anexo de Santomé e
tiveron, que se saiba, tres fillos: Esperanza (nai de Pepa Rúa) Xosé (pai de
Modesto) e a muller do Motela de Baldaríz.
En
fronte e pegada a Carreira Fonda se cre que foi a vivenda do tío Juanito, (Juan
Gonzalez e Pascua Pérez) dos que xa se falaba no capítulo dos Canastros; si así
fose, aí tamén nacerían todos ou parte dos seus fillos: Flores, Xosé, (Brasileiro), Pedro Regalado (tío Regalo), Pura, María
da Cruz e Fidelina. As últimas que se recorda que viviron aí foran Pura e
Fidelina, solteiras as dúas, aínda que Fidelina estivera de compañeira con Secundino do Mesón. Tamén
hai quen recorda vivindo á tía Celsa antes de irse para a Capilla.
A última casa, lindando xa co Souto de Abaixo fora a vivenda dos pais de Lucinda e Vicenta. Lucinda casara con Eliseo (irmau de Luis) e Vicenta con Antonio (Estanqueiro).
Aínda que o estado de moitas destas familias tería bastante de precario, se pode entrever algunha diferenza económica e tamén social con algunhas das xentes que acostumaban a exercer de padriños nos bautizos e vodas. Si ben é verdade que a maior parte das veces faríano familiares dos recen nacidos ou casados, tamén é certo que había parellas, matrimonios, mulleres ou homes que se repetían con frecuencia apadriñando nenos ou facendo de testemuñas nunha voda. Lino Febrero e Concepción Villar aparecen en varias ocasións, pero tamén Venancio e Estrella Martinez, Alejandro e Rosa Orozco, Don Xosé Febrero e súa irmá Pilar, Don Lino García, aínda de solteiro, con diferentes parellas, etc. Pero os que mais se repiten con diferencia son: Elena Feijoo de Cartelle, exercendo sola como madriña, e Nicasio Pérez con Dª Filomena Contreras, tamén de Cartelle.
A
costume de escoller padriños cun marcado status
socioeconómico seguiríase estilando
nas seguintes xeracións. Remigio Mosquera (tío Rubio) de Santome e Senén de
Cartelle, “presumirían”, mais dunha vez, de quen tiña mais afillados; o Rubio
dicía que pasaba dos vinte e cinco, mentres que Senén afirmaba que se
aproximaba aos corenta. Tanto un como o outro, tiveran unha vida lonxeva, pasando
dos noventa anos.
Contaba un neto de Senén, que tivera que acompañar a seu avó a un centro
hospitalario de Ourense, que despois do traballo que lle custara convencelo, acabara
aceptando coa condición de que pasasen por Santomé, cando esa non era a súa
ruta habitual. Cando estaban á altura da casa do Caravel, Senén mandou parar ao
seu neto e, baixándose do coche, quedárase uns minutos mirando cara á casa e os
seus arredores. Outro tanto fixera no Mesón, fronte ao camiño que vai cara o
Barreiro. Tanto nun sitio como no outro o home non fixera ningún comentario e seu
neto abstivérase de facerlle preguntas, absorto como o vira nos recordos ou fantasmas doutros tempos.Tres días
despois daquela viaxe o tío Senén falecía, era o mes de marzo de 1993.