Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2023

Dito 112 : Familias, casas e cousas (VIII)

Imaxe
  Familias casas e cousas (VIII)    Cara ao Fondo do Lugar     Os trece chanzos que aparecen á esquerda da foto, conducían á que fora durante mais de trinta anos a escola pública de Santomé. Por alí pasarían mestres como Xosé Febrero, Antonio Reza de Tallón,   Del Caño de Cartelle, Francisco de Celanova, Aurora da Arnoia, Nabor de Xestosa ou Bautista da Cruz. Algúns destes nin sequera terían o título de mestre pero daquelas bastaba con que tiveran uns coñecementos básicos así como algo de experiencia á hora de ensinar. Aínda que esa casa é recordada como a escola vella , a realidade sería que, antes de ser utilizada como tal, pertencera e fora vivenda   dalgún membro da familia Febrero.     O apelido Febrero levaríao mais dunha familia de Santomé pero a mais numerosa, tamén a mais soada, sería a que fora propietaria desa e doutras casas dispersadas pola mesma zona. Para saber un pouco mais desta parentela empezarase falando do...