Dito 113 : Familias, casas e cousas (IX)

Familias, casas e cousas (IX) No Fondo do Lugar A casa grande do Fondo do Lugar era a do Sancristán, polo seu tamaño, co seu patio pechado, con bodega, forno para facer pan, pozo de auga e cortes do gando; pero tamén polo concorrida debido ao seu número de descendentes, de xornaleiros, incluso algún criado, que lles axudarían a traballar o seu considerable capital. Xosé Martinez Dieguez, 31/10/1892 (o Sancristán) debía de ter pouco mais de doce anos cando inauguraron a igrexa de Santomé e, aínda así, poido ser o primeiro en encargarse das cousas da sancristía, da limpeza, e tamén en axudar ao cura no altar á hora da misa. Os seus pais foron Adrián Martinez e Xoana Dieguez, dos que se sabe que tiveron dous fillos mais: Xosefina, 7/9/1891 e Xulio, 10/5/1897 , aínda que estes dous morrerían ao pouco de nacer. Aparte do oficio de Sancristán, Xosé era carpinteiro, profesión que tamén acabarían herdando mais dun dos seus fillos. ...