Dito 115 : Familias, casas e cousas (XI)
.jpg)
Da Capilla ao Taller A capela que houbera en Santomé, puido estar onde está agora a fonte do Cruceiro. Non existen datos do tempo que estivo aí nin a ninguén que a recorde, polo que a mellor proba da súa existencia podería ser o nome que lle quedou ao lugar. As que si recordarían algo, si falaran, serían as pedras coas que se construíron algunhas das casas da zona, hasta non sería de estrañar que algunha desas pedras pertencera a propia capela. Nunha desas casas, fai xa tempo en ruínas, crese que viviu a familia Villar/Álvarez. Clemente Villar Dieguez, fillo de Tomás e Manuela, casou, 23/11/1896 , na igrexa de Cartelle con Emilia Álvarez Pérez, 15/2/1868 , filla de Genaro e Matilde. Fillos do matrimonio serían: Xulia, 5/2/1897 , Carme, 4/5/1898 , e Antonio. A Xulia recórdase vivindo ao lado da fonte nunhas condicións bastante precarias. Logo estivera un tempo na que fora a escola vella, pero os últimos anos da súa vida pasaríaos na casa reitoral ao quedar esta baleira pola m...