Dito 118 : Familias, casas e cousas (XIV)

Familias casas e cousas (XIV) …E no Mesón Mesón, segundo a RAE: Hospedaxe pública onde por diñeiro dábase albergue a viaxeiros, cabalerías e carruaxes . Con esta lóxica e tamén algunha imaxinación, o lugar de Santomé chamado desta maneira puido acoller, tempos atrás, un establecemento dedicado a algúns destes servizos tendo en conta a súa situación estratéxica. Se sabe que a ruta mais curta para viaxeiros, xentes con oficios, ambulantes ou moinantes, partindo de Macendo, Sande ou Cartelle cara Ourense, serían os dous camiños que se xuntaban no Marco: o que pasaba entre Reigoso e Baldaríz e subía por Crava-Dentes hasta a Salgueira, e o que procedía do Palmeiro pasando polos Pereiros, que na Bouza se repartía en dous ramais: un cara os pobos da parroquia de Macendo e outro cara Santomé; este ademais sería o mais transitado polos seus veciños para ir e volver da Vila (Ribadavia). Para seguir cara Ourense ou tirar cara o Val Da Rabeda, entre Sabucedo e Loiro, onde ...