Dito 119 : O culto aos mortos
O Culto aos mortos Nas paxinas que ultimamente se viñeran publicando neste blog , déraselle preferencia aos que naceran, medraran e casaran en Santomé, é dicir, aos vivos. Escrutar os centos de actas de bautizos e vodas escritas polos curas que, nesa época, lles tocara estar aí para ser os encargados dos oficios e da administración da parroquia, neste caso a de Santa María de Cartelle. Pero, eses mesmos curas, fosen priores, presbíteros, abades, capeláns ou arciprestes , tamén serían os encargados de administrar o viático e de enterrar aos mortos. O prior , chamado así por ser o superior , que rexía a parroquia de Cartelle en 1.830, que é cando se empeza a facer este estudio, era Xosé Álvarez Pérez, de Pereda; este estaría hasta finais de 1.861 que sería substituído polo ecónomo (que suple unha vacante), Vicente Pérez. O seguinte prior foi Raúl Fernandez Pérez, de 1.862 a 1.867 e, xa hasta 1.899, estivera Vicente Álvarez. Dicir que, aparte dos prior...