Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

Dito 121 : O mellor e único amigo do Tolo

Imaxe
  O mellor e único amigo do Tolo Piloto espertárase aquela noite cun forte cheiro a carne chamuscada. Ao principio non sabía de onde podía vir aquela peste nin cal sería a súa orixe. El atopábase, como todas as noites despois de cear, deitado aos pés do seu amo e arrimado á cociña de ferro que sempre se intentaría manter quente nos meses de inverno. Ao incorporarse e mirar cara o seu dono, decatouse de que este permanecía sentado no seu banco de sempre, pegado ao ferro da cociña e coa cabeza inclinada para aproveitar mellor a calor, pero había algo raro na súa posición que lle chamara a atención. A súa postura de costume era cruzar os brazos e apoialos no pasamáns de cobre descansando a cabeza neles e sempre algo separado do fogón. O que o can estaba a ver agora eran os brazos do home caídos, deixando así que a súa cabeza repousara cara abaixo no ferro quente da cociña provocando, desta maneira, que a súa carne se estivese queimando e, de aí aquel desagradable cheiro. Piloto vi...