Dito 38 : Un lugar sen gardas e sen Amparo
O Mesón Santomé “ Coidando que estes gardas fosen homes de boa opinión, fama e costumes.” Isto era mais ou menos o que viña a dicir a ordenanza ditada alá polo século XVIII cara a figura do garda rural, encargados de denunciar aos que cortaban piñeiros, plantaban lume os montes e, mais que nada, aos que metían a pastar o gando nas fincas dos outros. Pertencían ao persoal de seguridade privada, o que quere dicir que eran os propietarios rurais os que os nomeaban si o vían conveniente para a custodia das súas propiedades. Entre todos chegaban a un acordo para pactar as condicións que mais lle conviñan as dúas partes. En Santomé hai recordos de tres: Mario, Fankin e Secundino do Mesón. Fankin era da Bouza pero casárase en Santomé onde tamén exercía de garda, traía unha especie de mosquetón as costas, chamábanlle tercerola, non sei si chegou a usala algunha vez, pero debía de impoñer certo respecto a hora de enfront...