Dito 37 : Soneto do Santo Tomás


As Airas

-- o --

Non busco máis, dixo a moza Odiliña,
cando viu a Manoel en Santo Tomé.
Aquel mozazo feitiño e bo home,
sentado á conversa ao pé da cociña.

De Souto, coa maleta ó lombo viña.
Levaba a Mina e achegouse ó lume,
a súa michiña hai dous días que non come
e cheirou o Pitís, que veu axiña.

Natal vinteún, do inverno o primeiro.
Festa de Santomé, días cos parentes.
Soños e ilusións de amor verdadeiro.

Canta irmandade e xantares quentes,
música de abondo, gaita e pandeiro.
Sempre alegría e corazóns ardentes.

-- o --




No Santo Tomás do 2019


Foto : / As Airas 2006, Manolo Xereque


Moradella editora





Publicacións populares deste blog

Dito 106 : Familias, casas e cousas (IV)

Dito 92 : Diario dun infeliz

Dito 113 : Familias, casas e cousas (IX)

Dito 95 : À hora do café

Dito 118 : Familias, casas e cousas (XIV)

Dito 117 : Familias, casas e cousas (XIII)

Dito 109 : Familias, casas e cousas (VI)

Dito_123 : Pasaba por Santomé

Dito 98 : Pepe foise de Rositas

Dito 112 : Familias, casas e cousas (VIII)