Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2020

Dito 43 : Pedras negras

Imaxe
Ermida do Carme ( A Lanzada ) Pedras negras Hoje o mar perdeu um marinheiro, as suas augas tintarom de negro, e as luras saírom polo dia, chorar a perda dum home guia. Hoje morreu um filho do mare, as gaivotas andam polo peirau, os peixinhos voam polo ceo, adeus amiguinho, adeus meu irmao. Agarda-me em Santo André, amigo e leva-lhe umas pescadas à Nai, prepara a gamela que eu hei de vir, pescaremos juntos na eternidad. Quando as centolas da Toxa o saibam, ja nom medraram e a colleita será ruim. E quando o saiban na lota, os peixes vam engurrunhar e vam querer ò mar voltar. Peixinhos do mar A Moncho Soutullo, marinheiro do Grove. Foto : / Vista das Pedras Negras, Sam Vicente do Mar dende a ermida da Virgem da Lanzada Moradelha editora

Dito 42 : E sen cura (2)

Imaxe
Santo Tomé (Casa da tía Estrela) E sen cura (2) by Luis de Olimpia   … E en isto chegou Manuel.        Acabábase de celebrar o concilio Vaticano II onde, entre outras cousas, se aprobara que os curas dixeran a misa mirando para a xente e no idioma de cada lugar e non como viñera sendo hasta a de agora, de costas e en latín.       Frase de Pablo VI: Prefiero dar mi vida antes que cambiar la ley del celibato.     Outra das cousas “polémicas” que se trataran era a de si o celibato debía de ser voluntario ou tería que seguir sendo obrigatorio.      Esta proposta, desgraciadamente, non chegara a prosperar tanto como para ser abolida, pero si abría algunhas portas para que, os que quixeran saírse de curas e casarse, podían facelo sempre que solicitaran unha dispensa a Roma e alegaran motivos suficientes . Todo isto despois de un interrogatorio moi intimo e persoal que, nalgún caso...

Dito 40 : E sen Cura (1)

Imaxe
E sen cura (1) by Luis de Olimpia Recomendación do bispo Angel Temiño aos que ían a ser ordenados curas.    «No hagáis lo que quiera el pueblo, sino lo que le conviene al pueblo porque al pueblo no le interesan nada nuestras ideas y nuestras políticas».    El País Martes, 30 de agosto de 1977       A principios do 1960 Santomé levaba mais 25 anos sen ter un cura vivindo na parroquia. Tivéraos hasta antes de estallar a guerra, vivían na reitoral que estaba ao lado da igrexa, xusto na parte onde foi ampliado o cemiterio; preto de alí tamén dispoñía dos destros que, por casualidade , eran as terras mais produtivas da aldea.    25 anos e un cuarto de século, dixera o Tío Vito nun “alarde” da memoria, cando no atrio, a saída dunha misa de domingo, Don Luís (o nabiñeiro), cura de Seixadas, xa bastante maior, acompañado doutro cura moito mais novo, recen saído do seminario, anunciaran a nova de que este último sería o e...