Dito 42 : E sen cura (2)

Santo Tomé
(Casa da tía Estrela)



E sen cura (2)
by Luis de Olimpia



 … E en isto chegou Manuel.
      
Acabábase de celebrar o concilio Vaticano II onde, entre outras cousas, se aprobara que os curas dixeran a misa mirando para a xente e no idioma de cada lugar e non como viñera sendo hasta a de agora, de costas e en latín.
     
Frase de Pablo VI: Prefiero dar mi vida antes que cambiar la ley del celibato.
   
Outra das cousas “polémicas” que se trataran era a de si o celibato debía de ser voluntario ou tería que seguir sendo obrigatorio.
    
Esta proposta, desgraciadamente, non chegara a prosperar tanto como para ser abolida, pero si abría algunhas portas para que, os que quixeran saírse de curas e casarse, podían facelo sempre que solicitaran unha dispensa a Roma e alegaran motivos suficientes. Todo isto despois de un interrogatorio moi intimo e persoal que, nalgún caso, podía chegar a ser inmoral.
  
 Aínda así, si conseguían o consentimento, se lles esixía ou “recomendaba” que viviran o mais lonxe posible do lugar onde desenrolaran a súa última labor pastoral.
   
Tampouco poderían dar clases de relixión nin nada que tivera que ver con actos da igrexa, confesar, dar a comuñón ou o Viático, etc .
      
Manuel García Castañeda, orixinal de Lobás, Calvos de Randín; preto da Raia, pegado ao Couto Mixto. Cando acaba o curso e tiña que ser ordenado cura, o bispo Temiño decide non facelo nese momento por, segundo el, carecer de vocación suficiente.
    
Emigra ao Uruguai onde si e ordenado e exerce de cura grazas a un informe favorable que lle fai a diocese de Ourense e da necesidade de sacerdotes no país.
    
Ao cabo de pouco tempo está de volta pero o bispo dille que para poder dicir misa en público aínda tería que estar unha temporada como capelán.
       
Está un pouco mais de tres anos na parroquia de San Pío X, Mariña Mansa como axudante do párroco e entonces Temiño, agora si, acaba asignándolle unha parroquia.
   
E así e como, a finais dos anos sesenta, aterra en Santomé.  Nada mais chegar a xente da aldea alegrase co cambio. O anterior requiría o Don ao referirse a el, mentres que a este bastaba con dicir Manuel. Pasouse do negro da sotana, ao claro dunha roupa de paisano. A unha pastoral de beatitude entusiasta extrema, a empregar unha “linguaxe”, fose nos actos litúrxicos ou en público, mais acorde e a gusto para todos.
   
El tampouco se vía a desgusto coa xente. Incluso se podería dicir que con algúns/as, moi a gusto.
  
Permanece pouco tempo na parroquia, pero suficiente para integrarse na comunidade e poñer de moda os (quentes)  no bar das airas, dos que podía tomar varios nunha tarde de domingo xogando ao dominó.
   
O esforzo e dificultade que lle debeu de supoñer facerse cura, tería que volver a pasalo agora para deixar de selo. Pero a decisión estaba tomada e non había volta atrás. Si demostrara perseveranza e tesón no primeiro caso, agora eran firmeza e tenacidade, virtudes das que dispuña de sobra e das que deixaría boa pegada no resto da súa vida.
  
 Emigrou, coa súa compañeira a Alemaña, onde permaneceron uns anos. Xa de volta instaláronse en Valladolid, onde viviron e traballaron rexentando un negocio de restauración. A pesares de ter a residencia en Valladolid, adoitaba vir a miúdo a Santomé con toda a súa familia onde se seguía encontrando cómodo e ben recibido.
   
Poda que algúns dos seus compañeiros chegaran a pensar que isto o fixera por estar o mais lonxe posible de onde había estado de cura, como esixía a igrexa, pero nada mais lonxe da realidade; el estaba moi por encima de esas nimiedades.
   
Para os seus acólitos poda que non fora un bo Padre, pero para os que o recordamos sabemos que foi un gran Pai.

   Seguirá…

Texto by Luis de Olimpia

Foto : / Casa da tía Estrela do Capitán , 6 de Xullo de 2019





Moradelha editora





Publicacións populares deste blog

Dito 122 : De Ensenada aos nosos días

Dito 113 : Familias, casas e cousas (IX)

Dito 118 : Familias, casas e cousas (XIV)

Dito 121 : O mellor e único amigo do Tolo

Dito 115 : Familias, casas e cousas (XI)

Dito 106 : Familias, casas e cousas (IV)

Dito 112 : Familias, casas e cousas (VIII)

Dito 87 : O que se sabe e o que se supón que poido pasar

Dito 116 : Familias, casas e cousas (XII)

Dito 117 : Familias, casas e cousas (XIII)