Dito 40 : E sen Cura (1)
E sen cura (1)
by Luis de Olimpia
Recomendación do bispo Angel Temiño aos que ían a ser ordenados curas.
by Luis de Olimpia
Recomendación do bispo Angel Temiño aos que ían a ser ordenados curas.
«No hagáis lo que quiera el pueblo, sino lo que le conviene al pueblo porque al pueblo no le interesan nada nuestras ideas y nuestras políticas».
El País Martes, 30 de agosto de 1977
A principios do 1960 Santomé levaba mais 25 anos sen ter un cura vivindo na parroquia. Tivéraos hasta antes de estallar a guerra, vivían na reitoral que estaba ao lado da igrexa, xusto na parte onde foi ampliado o cemiterio; preto de alí tamén dispoñía dos destros que, por casualidade, eran as terras mais produtivas da aldea.
25 anos e un cuarto de século, dixera o Tío Vito nun “alarde” da memoria, cando no atrio, a saída dunha misa de domingo, Don Luís (o nabiñeiro), cura de Seixadas, xa bastante maior, acompañado doutro cura moito mais novo, recen saído do seminario, anunciaran a nova de que este último sería o encargado de levar a parroquia en adiante.
Foi a vivir a casa do sancristán, alí comería e durmiría, hasta que estivera feita a nova reitoral. Chamábase Xosé Luís Blanco López e nacera en Castro Caldelas. Este foi o primeiro desa época, despois virían algúns mais pero, si houbera que falar de “revolución popular”, sen dubida este sería o persoeiro.
Co cambio, a parroquia pasou de ter unha misa a carreira cada Domingo, e iso sempre que se puidera cruzar o Ribeiro coas crecidas que podía haber, a ter unha todos os días as oito da mañá, rosario todas as noitiñas, confesión e comuñón os primeiros venres e sábados de cada mes, catequeses ,etc. A misa do domingo con axudantes e cantada por todos os asistentes podía durar mais dunha hora, cando antes nunca chegaba a media.
Pero a cousa non quedaba aí. O cura ía a escola a hora das clases a dar catecismo, pasaba a bendicir as casas, visitaba os enfermos, poñíalle a extrema unción si estes a pedían. Eu sendo monaguillo acompañeino dúas veces a levarlla a mesma enferma que, por certo, acabou morrendo, pero sería despois de corenta anos mais tarde, e porque ela así o quixo.
Organizou un concurso de catecismo con premios para os gañadores: un fajin, (banda cruzada cos cores da bandeira española) para o home e unha coroa para a muller, ademais do dereito a ir gratis a excursión que ía haber a Vigo, Cangas e visitar a fábrica de conservas Massó.
Foise, ou cambiárono, en menos de dous anos. Se comentaba que o bispo Temiño adoitaba facelo así para que, aquela colleita de curas noviños e recen saídos do seminario, non chegaran a “encariñarse” demasiado cos parroquiais .
Non hai moita información de por onde andaría en todos estes anos, solo que saíu de cura e actualmente vive en Madrid.
O substituto, Xosé Luís Iglesias Alvarez era de Bentraces e foi un fiel continuador da mesma filosofía do seu precedente. Tampouco chegou a estar os dous anos e marchouse de voluntario as misións a Chile.
De volta de América, asignáronlle a parroquia de Río en Vilamarín, onde permaneceu hasta non fai moito. Retirouse por problemas de saúde.
Segueino Ramón Blanco Caride (Don Ramón) de Río, Vilamarín. Si os anteriores chegaron a integrarse e conxeniar coa xente dende o primeiro día, este tamén dende o primeiro día se podía apercibir que non ía ser igual.
Si cos outros se podía falar de igual a igual do tema que fose, este vivía en todo momento mais pendente das normas relixiosas que lle deberon de inculcar no seminario e, no lugar de unha filosofía de fusión, utilizaba unha teoloxía extrema que por forza acababa chocando con todo o que o rodeaba.
¡Aínda ti!, dixéralle a Remigio un día vendimando nos Cardedos chamándolle a atención por facelo en domingo.
Estivo, incomodo? en Santomé, un pouco mais de tres anos, ao cabo dos cales Temiño mandouno, “castigado”, para unha parroquia do Irixo por permitir que a banda de musica tocara na igrexa un día de Santo Tomas.
Paradoxas da vida: El tan fiel seguidor do seu amo e xusto vai a caer no cabalo de batalla que o bispo se traía por aqueles tempos.
Acabou quitándose de cura, casouse e estivo traballando na sanidade pública hasta a súa xubilación.
Seguirá…