Dito 67 : Outro touro

A Odisea de Petolo ¡Outro touro, Outro touro! Contaba Serafín que cando eran bombardeados polos avións alemáns, alcumados as Pavas, os homes que estaban nas trincheiras tirábanse no chan e cubríanse como podían, pero unha vez pasado o perigo, levantábanse eufóricos aplaudindo e berrándolle: ¡Outro touro, Outro touro!, esta sería a súa maneira de tourealos xa que no seu bando os avións sempre andaron escasos. « Venceredes pero non convenceredes. Venceredes porque tedes sobrada forza bruta, pero non convenceredes porque convencer significa persuadir. E para persuadir necesitades algo que vos falta nesta loita, razón e dereito. Paréceme inútil pedirvos que pensedes en España.» Miguel de Unamuno Despois dos anos xa pasados, aínda hoxe se segue poñendo a Franco como o principal autor do levantamento contra o goberno da Segunda República. Franco era un dos militares mais notables do exercito naquel intre, había sido xefe de Esta...