Dito 65 : Tempos de sega
A Odisea de Petolo
Tempos de sega
<< Fálame, Musa, daquel home enxeñoso que andou errante longo tempo, despois de destruír a sacra cidade de Troia.
Que viu as poboacións e coñeceu os costumes
de moitos homes e padeceu no seu ánimo gran número de traballos na súa
navegación, en canto procuraba salvar a súa vida e a volta dos seus compañeiros.
Mais
nin aínda así puido libralos, como desexaba, perecerían todos pola súa mesma
demencia. ¡Insensatos! pois acabaron coméndose os bois do Sol, fillo de
Hiperión, e este quitoulles o día do seu regreso.
Oh
deusa, filla de Xúpiter, cóntanos aínda que non sexa máis que unha parte desas
aventuras.>>
Homero, a Odisea, Canto I
Salvando os tempos e as distancias, xa que os separaban mais de vinte e
oito séculos, Ulises e Serafín acabarían tendo moito en común. Un e o outro,
sen desexalo, acabaron abandonando os seus fogares para acudir a unha guerra
que, para nada, ía con eles. Acabada esa contenda, aos dous tamén, lles xorden
unha serie de complicacións que fan que se retrase o seu retorno, retorno que
acabaría sucedendo, despois de pasados mais de vinte anos, tamén para os dous,
as súas Ítacas para reunirse ao final
cos seus familiares.
Chamábase Serafín Estévez Martinez (O Petolo) e nacera en Terzas no ano
1912. Asiste a escola do Cruceiro de Santomé desde os sete anos, onde aprende a
ler, escribir e as catro reglas, despois había que axudar na casa, ir coas
vacas para o monte e o que dispuxeran os seus pais, ben e verdade que hasta os
catorce anos acude, algunhas noites, a unhas clases que impartiría o mesmo
mestre sen cobrar nada a cambio.
El
quería ser carpinteiro pero, aos quince anos aparécelle a oportunidade de ir a
traballar cun albanel da Bouza ganando un xornal, iso faría que acabe
aprendendo o oficio e aportando a casa a súa primeira axuda de catro pesetas
diarias mantido, ou sete a secas.
Aos
21 anos chámano para facer a mili, tócalle África; Ceuta, Tetuán, Melilla.
Despois de aprender instrución, destínano como ordenanza de oficiais no
Exercito do Aire, co cal mellora substancialmente a súa situación ao quedar
libre de gardas ou manobras da tropa. Cando está a punto de licenciarse,
(Outubro de 1934), estalla a revolución de Asturias, o que fai que se retrase a
súa marcha; ademais hai rumores de que teña que ser a súa quinta a encargada de
reprimir aos insurrectos. Ao final non e así; quen acoden serían as tropas
coloniais marroquís e a lexión, dirixidos polo xeneral Franco, e Serafín
acabaríase licenciando sen mais demoras.
Era o
menor dos tres fillos que tiveran Manuel e Florinda, seus irmáns Eladio e
Concha, xa casados, vivían en Santomé, ademais tamén vivían con eles dous
rapaces pequenos fillos duns parentes que se habían quedado orfos. El sería,
por tanto, o mais indicado para saír a
gañar un xornal que sempre sería benvido, ademais tiña que comprar un
pantalón novo para a festa da Seara, xa que andaba detrás dunha moza de
Seixadas; daquelas ir a sega a Castela era a mellor opción para conseguilo.
As
eleccións xerais celebradas en febreiro de 1936, deran unha maioría
parlamentaria á Fronte Popular formada por: Partido Socialista, Esquerda
Republicana, Unión Republicana, Esquerra Republicana de Cataluña, Partido
Comunista, Partido Obrero de Unificación Marxista, Partido Sindicalista e
outros. Con esta amalgama de siglas, faríase moi complicado compoñer un goberno
da Fronte Popular duradeiro. A proba e que, dende as eleccións en febreiro,
hasta o comezo da guerra o 18 de xullo, sucédense cinco cambios de goberno, e
hasta o final desta, seis mais; total en tres anos, once gobernos distintos.
Nas
datas que Serafín andaba segando en Castela, o presidente da República era
Manuel Azaña, de Acción Republicana, mentres que o presidente do Consello de
Ministros, era Santiago Casares Quiroga, de Esquerda Republicana. O 19 de
xullo, Santiago Casares dimite e Azaña ofrécelle formar un goberno de
conciliación para evitar o inicio da guerra. Este gabinete, que tiña a Diego
Martinez Barrio, de Unión Republicana, como presidente do Consello de
Ministros, duraría dúas horas.
No
segundo Goberno, durante a guerra, o Presidente sería Xosé Giral, de Esquerda
Republicana, que tamén sería o Partido que representaba a mais Ministros (6),
este duraría mes e medio. O catro de setembro, formaríase o terceiro Goberno da
guerra: Presidente do Consello de Ministros e Ministro de Guerra, Francisco
Largo Caballero do PSOE; a este mesmo Partido, pertencerían seis ministros
mais.
Ao
cabo duns días do golpe de Estado, achéganse a cuadrilla de Serafín onde
andaban segando, un grupo de homes armados con escopetas e pídenlle que se
identifiquen, estes fano e déixanos seguir traballando pero xa co medo metido
no corpo. Falan co patrón que os contratara, o cal estaba mais asustado ca
eles, e acordan desprazarse a Paracuellos onde tamén andaban na sega o seu
irmán Eladio, seu tío Manoel Monea e un fillo deste, para ver si había algunha
maneira de retornar as súas casas, xa que tamén estaban preocupados polo que
lle podía haber pasado as súas familias.
En
Paracuellos, ao ver que non había ningunha posibilidade de retornar, Serafín
decide viaxar a Madrid, cando ve a mozos como el que van voluntarios a defender
a República. A súa idea era enrolarse en carabineiros ou ben nas gardas de
asalto pero, por casualidade, encóntrase cun grupo de galegos onde estaba
Santiago Alvarez. Este infórmalle que están a formar un batallón con xente de
Galicia que, nesa época, abondaría en toda a zona, por ser tempo de sega.
Serafín cambia de idea e acabaría formando parte do Batallón De Milicias
Populares Galegas.
O seu
“bautizo de fogo” sería na Batalla de
Talavera de La Reina, preto de
Toledo, o tres de setembro de 1936. A idea era parar ás tropas franquistas que
viñan avanzando desde Andalucía, ao ser a cidade de Talavera o último obstáculo
importante para alcanzar Madrid.
Unha idea que resultou ser un fracaso xa que,
aínda que as Milicias Republicanas contaban con mais de 10.000 homes e moita moral,
solo dispuñan dun fusil por cada catro homes, e algunha que outra escopeta,
mentres que os que viñan avanzando contaban cun exercito ben organizado e
disciplinado, composto por soldados profesionais das tropas marroquís; ademais
de abundante armamento, fusís, metralladoras, artillería e avións chegados de
Alemania e Italia.
O resultado sería que, en poucos días, a
“resistencia” republicana quedara practicamente anulada. Os milicianos que
conseguiron escapar da batalla, a duras penas acabarían retrocedendo hasta Madrid. Entre Toledo e Madrid Serafín e
ascendido a sarxento; aínda sen militarizar, pois as Milicias non eran
militares e ían vestidos cunha funda (mono); seríano pouco tempo despois, no
mes de outono, co nome de: 1ª Brigada Mixta, ou 1ª Brigada Lister, por ser
designado xefe da mesma Enrique Lister. Serafín xa co grao de subtenente,
quedaría ao cargo de 15 soldados. No Nadal dese mesmo ano sería ascendido a
tenente.
O 7
de novembro de 1936, Largo Caballero con todos os seus Ministros deciden trasladar
o Goberno de Madrid a Valencia. O motivo sería o temor de que as tropas de
Franco acabaran entrando na capital en calquera momento. Antes de irse, deixan
dous sobres pechados dirixidos a Vicente Rojo e Xosé Miaja, xenerais encargados
da defensa da cidade. A pesar de que a orden era que os sobres non se abrisen
hasta horas despois da marcha do goberno, esa orden nunca sería cumprida, xa
que sospeitaban de que podía tratarse. As instrucións que lles daban era, que
resistiran todo o que fose posible o asedio e, cando xa non puideran mais, que
retrocederan hasta os arredores de Cuenca para montar alí unha nova liña de
defensa.
O segundo combate serio de Serafín sería na Batalla do Jarama, onde o dia 13 de
febreiro de 1937, recibe un tiro nun brazo, rebotado do corpo dun compañeiro
que tiña ao lado quedándolle a bala aloxada dentro; o compañeiro e o que estaba ao seu lado
morrerían a consecuencia da ráfaga de metralladora . Serafín sería evacuado da
fronte e trasladado o mosteiro de Uclés, na provincia de Cuenca, que neses
momentos estaría funcionando como hospital. Con isto se salva, de loitar hasta
o final na que sería a primeira gran batalla da guerra civil.
A Batalla
do Jarama durou 19 días, do 8 o 27 de febreiro de 1937. A intención do
goberno de Franco era cortar as comunicacións de Madrid cara a Valencia,
tomando Arganda del Rei, para despois subir hasta Alcalá de Henares e cortar a
estrada de Barcelona. O Alto Mando Republicano formábano o xeneral Pozas,
relevado logo por Miaja e o comandante Lister. Sete unidades de Brigadas Mixtas
e tres Brigadas Internacionais recen chegadas a zona, sumarían mais de 25.000
homes. Mentres que no exercito sublevado participaba a División Reforzada de
Madrid composta por mais de 30.000.
Nomes
como: Morata de Tajuña, Arganda, Cienpozuelos ou O Pingarrón, quedarían
resoando nas cabezas dos sobreviventes o resto da súa vida. O Pingarrón, un montículo
non moito mais grande ca Moradella, sería disputado mais de cinco veces por
ambos bandos con enfrontamentos corpo a corpo e cun prezo de miles de vidas
masacradas. O último intento sería da Brigada Lincoln, que nun solo día
perdería 300 homes entre mortos e feridos. Desta traxedia sairía a musica de Red
River Valey, que acabaría sendo o himno oficioso deste batallón.
Tamén
un batallón inglés das Brigadas Internacionais composto por catro compañías de
voluntarios, sería atacado por sorpresa nun barranco preto do Pingarrón polas
forzas sublevadas. A mala sorte quixera que as cintas das metralladoras que
levaban os ingleses, foran cargadas con munición de 7mm, cando terían que haber
sido de 8. Isto fixo que tiveran que defenderse con fusís contra das metralletas que tiñan en fronte. Durante sete
horas soportarían o castigo, esperando que fose de noite para escapar. Na noite
algúns perdéronse e acabaron sendo atrapados.
A consecuencia sería que de 600 homes,
salvaríanse 150, o resto quedarían mortos, feridos ou feito prisioneiros. Ese
lugar, aínda hoxe, e coñecido co nome de Suicide Hill (Outeiro do suicidio).
En total os mortos en toda a batalla, calculase que puideron haber sido entre 6.000
e 7.000 os franquistas, e de 9.000 a 10.000 os republicanos.
Serafín estivera uns días no
mosteiro de Uclés, logo trasladaríano a Valencia para extraerlle a bala que
tiña aloxada no brazo, alí curaríano e trataríano ben no hospital onde fora
atendido; cando lle dan a alta pensa que tería que reincorporarse á fronte,
pero non e así, o Estado Maior ordénalle
que se retire o cuartel que ten a Unidade en Hortaleza, Madrid, e que espere ao
resto da tropa que nuns días estaría de volta da batalla.
O retorno das forzas
republicanas da fronte do Jarama, e celebrado cun gran desfile polas rúas de
Madrid atestadas de xente. Nese mesmo acto hai tamén un discurso de Dolores
Ibárruri (A Pasionaria) dirixido o xa Exercito da República onde, entre outras
cousas, intenta darlle ánimos e moral co seu: ¡non pasarán!, os sublevados
que están rodeando a capital non saben polo que combaten, mentres que nos si o
sabemos e xa temos as armas suficientes para facerlle fronte onde queira que
sexa.
Nos días que está convalecente e
de permiso, Serafín tería moito tempo para pensar o que estaba a ocorrer coa
súa vida. En sete meses que facía que saíra de Terzas, levábanlle acontecido mais
cousas que en todo o vivido antes. El que había ido a Castela a gañar para
comprar un pantalón novo, tivera que deixar a fouce por o fusil, e de andar
segando trigo ou cebada, ver agora a sega de centos de vidas humanas provocadas
polas metralladoras ou as bombas dos avións.
Por si fora pouco todo o que lle
estaba acontecendo ao Goberno da República, xórdelle outro conflito interno en
Cataluña: os Sucesos de Maio de 1937.
Estes serían unha serie de enfrontamentos
ocorridos no Bando Republicano entre os días 3 e 8 de maio dese ano en
varias localidades de Cataluña pero mais que nada en Barcelona. Nestes sucesos
enfrontaríanse Anarquistas e Trosquistas por un lado e Goberno da República e
da Generalitat polo outro. Os motivos serían demasiado longos e complicados
para explicar aquí, pero as consecuencias serían de entre 1.000 e 1.500 mortos
de ambos lados e a caída do Goberno de Largo Caballero.
Hai
quen sostén que as historias solo existen de todo si alguén as escribe. Os que
nacemos despois da guerra, fomos “adoutrinados” cunha historia parcial contada
polos gañadores. Dos perdedores falaríase pouco, e mal. Estes non solo serían
perseguidos, acosados ou recluídos durante anos en cadeas, tamén se vexaron,
torturaron e fusilaron quedando os seus corpos abandonados onde queira que
fora.
Serafín sería un perdedor desa guerra e, menos
fusilado, tocaríalle todo o outro. Os que o coñeciamos sabíamos algo da súa
historia, porque el mesmo se encargaría de contala a miúdo pero, tal e como o
coñeciamos, tamén sabemos que lle houbera gustado que algún día, alguén, aínda
que modestamente, deixara algo escrito da súa “Odisea”.
<<
Isto e solo unha pequena parte do que lle levaba acontecido desde a súa saída
de Terzas. O restante que vai hasta o final da súa vida, intentarase contar nas
seguintes “entregas”. >>
Texto por Luis de Olimpia
Moradelha editora