Dito 97 : Os devanceiros

Os devanceiros Segundo o minucioso e detallado inventario levado a cabo polos autores do catastro de Ensenada, no Santomé de 1752 vivían no lugar 59 familias dás que se podería estimar un resultado aproximado de 250 habitantes. Ollero aquí non sería un apelido, era un oficio ( oleiro ), que facía olas de barro, en Santomé había dezaseis rexistrados, todos homes, pero solo no escrito, a realidade sería ben distinta. Nun estudo publicado neste mesmo blog co título de oliñas veñen e van (22/5/2020) , se sostiña que maiormente serían as mulleres as que máis se dedicaban a este oficio, mentres que o traballo dos homes limitaríase en axudarlle a buscar o barro e cocer as olas xa rematadas nos tres fornos comúns que houbera no lugar. Que a muller quedase relegada neste tipo de documentos, pode apreciarse tamén comparando no gráfico: Juan Gago era zapateir o, José Pérez e Juan López oleiros ; aos homes sempre lles asignaban unha profesión, mentres que Juana Pérez, q...