Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2022

Dito 103 : Familias, casas e cousas (I)

Imaxe
  Familias, casas e cousas (1) A casa que queda detrás do cruceiro de Santomé fora de Saladina e de seu home, Delmiro Fernández Méndez, de Macendo. Tamén na igrexa de Macendo sería onde casaran o día de Santo Tomás de mil novecentos vinte. Saladina Yañez Rodriguez nacera o día nove de setembro de mil oitocentos noventa e seis e foi bautizada dous días despois na igrexa de Cartelle. O matrimonio tivo, que se saiba , tres fillos, unha muller e dous homes. Saladina tamén era irmá de David (o Gaiteiro), seus pais chamábanse Xosé e Preciosa. Antes de nada dicir que estes datos, e outros que irán aparecendo, están recollidos do Arquivo Histórico Diocesano de Ourense. Veñen a ser libros de rexistro de bautismos e casamentos celebrados na parroquia de Cartelle nunha época que aínda non existía a de Santomé. Dicir tamén que, segundo a lei de protección de datos, neste arquivo non se poderían consultar rexistros dos últimos cen anos. O sentido que teñen estas paxinas, non sería tanto o d...

Dito 102 : Eladio da Cruz

Imaxe
  Eladio da Cruz Foise Eladio e Santomé acaba de perder ao seu banco de memoria dos últimos tempos. Un disco duro, sen deixar copia de datos, a wikipedia do lugar, sen acceso a Internet. Marchou Eladio e a Cruz xa nunca será a mesma, porque acaba de perder un dos seus brazos mais simbólicos. O que non cre no ceo tampouco lle ten medo ao inferno. Para El o ceo e o inferno estarían nesta vida, a que lle tocara vivir. Algún inferno sufrirao de moi novo cando a seu pai, mestre da República, perseguírano os fascistas para matalo e tivera que esconderse durante mais de tres anos sen poder ver aos seus fillos, ou cando algúns dos rapaces da súa idade o insultaban, ignorantes eles, chamándolle comunista ou cuspíndolle ao pasar. Para El o ceo era ter boa saúde, os bos días de sol, e tamén a tranquilidade de estar na Aira ou no bar falando cos veciños, recollendo e dando información coa súa prodixiosa memoria, das xentes e do acontecido que puidera haber dende que tiña recordos. Mágoa ...