Dito 102 : Eladio da Cruz

 


Eladio da Cruz


Foise Eladio e Santomé acaba de perder ao seu banco de memoria dos últimos tempos. Un disco duro, sen deixar copia de datos, a wikipedia do lugar, sen acceso a Internet. Marchou Eladio e a Cruz xa nunca será a mesma, porque acaba de perder un dos seus brazos mais simbólicos.

O que non cre no ceo tampouco lle ten medo ao inferno. Para El o ceo e o inferno estarían nesta vida, a que lle tocara vivir. Algún inferno sufrirao de moi novo cando a seu pai, mestre da República, perseguírano os fascistas para matalo e tivera que esconderse durante mais de tres anos sen poder ver aos seus fillos, ou cando algúns dos rapaces da súa idade o insultaban, ignorantes eles, chamándolle comunista ou cuspíndolle ao pasar.

Para El o ceo era ter boa saúde, os bos días de sol, e tamén a tranquilidade de estar na Aira ou no bar falando cos veciños, recollendo e dando información coa súa prodixiosa memoria, das xentes e do acontecido que puidera haber dende que tiña recordos. Mágoa que non se lle dera por escribir e poder haber deixado en papel o que leva con el. Non sería esaxerado dicir que podía haber feito unha arbore xenealóxica de hasta tres ou máis xeracións de cada unha das familias de Santomé e Terzas.

Como queira que se puidera chamar o lugar onde Eladio vaia, poderán estar contentos os seus habitantes, xa que ademais de chegarlle un bo conversador, atoparanse cunha mellor Persoa.

Adeus Veciño

               Gracias Amigo


I eu do que vin parvo e mudo

Dende entón creo… ou non creo…
Pero dudar ¡xa non dudo!

O divino sainete
Manuel Curros Enríquez (1888)








Moradelha editora





Publicacións populares deste blog

Dito 122 : De Ensenada aos nosos días

Dito 113 : Familias, casas e cousas (IX)

Dito 118 : Familias, casas e cousas (XIV)

Dito 121 : O mellor e único amigo do Tolo

Dito 115 : Familias, casas e cousas (XI)

Dito 106 : Familias, casas e cousas (IV)

Dito 112 : Familias, casas e cousas (VIII)

Dito 87 : O que se sabe e o que se supón que poido pasar

Dito 116 : Familias, casas e cousas (XII)

Dito 117 : Familias, casas e cousas (XIII)