Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2023

Dito 106 : Familias, casas e cousas (IV)

Imaxe
  Familias, casas e cousas (IV)    Nos Canastros A escaleira de pedra laxe, agora deserta, que se ve pegada á casa do tío Evaristo, fora noutro tempo un fervedoiro de homes e rapaces subindo e baixando para cortar o pelo na barbería do tío Eladio Petolo. Eladio era un dos tres fillos que tivera o matrimonio entre Manuel Estevez e Florinda Martinez de Terzas. Cando estalou a guerra atopábase na sega en Castela como moitos outros. Ao quedar en zona republicana tivera dificultades en atravesar a fronte para regresar a Terzas, aconsellado por seu irmán Serafín para que se marchara cando xa serían bastantes os familiares que quedaban combatendo. Aos dous días de chegar á casa recibe unha citación para presentarse en Celanova. Desde Celanova levárano a Santiago e de alí a unha cárcere no norte de África acusado de ser afín á República, cando el sempre había sido neutral. Cando queda en liberdade retorna ao seu pobo; pouco despois cásase e veñen a vivir a Santomé onde tamén ...

Dito 105 : Familias, casas e cousas (III)

Imaxe
  Familias, casas e cosas (III) Na   Castiñeira   Sempre cara a Castiñeira, despois da dos Sardiñeiros atópase a casa que foi dos Rexentes ; familia prolífica que, así como chegara a ser numerosa, a día de hoxe apenas queda representación, e a pouca que queda xa fai tempo que non vive no lugar. Agapito Gonzalez Armada, 14/5/1896 , fillo de Xosé María, 1/6/1861 , e Felipa, de Santomé, casou, 11/2/1922 , con Hermesinda Pérez Villar, filla de Manuel de Santomé e Carme de Terzas. O matrimonio tivo oito fillos, tres mulleres e cinco homes. O pai de Agapito, tiña tres irmáns máis: María, 6/3/1857 ; Preciosa,   e Rosa, 5/6/1864 , nai de Blandina ; polo tanto Blandina e Agapito serían primos. Agapito morrera, cando debía andar nos sesenta anos, a consecuencia dun desgraciado accidente que lle ocorrera cando estaba subido a un carro de herba seca que estaban a recoller nun prado que tiñan en Ludeiros. Parece ser que as vacas que levaban o carro asustáranse con algo e dera...