Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2023

Dito 108 : Familias, casas e cousas (V)

Imaxe
  Familias, casas e cousas (V)    Cara o Curro      Ese que se ve na foto, pequeno e deserto agora, sería outro dos patios que noutros tempos fervía de xente en movemento. Pola escaleira da dereita, compartida para entrar á casa que fora do Campante , accedíase ao bar do Rubio que tamén incluía dúas habitacións para dar pousada a calquera dos ambulantes que daquelas aparecían por Santomé. Á esquerda estaba a vivenda do matrimonio, onde unha parte tamén faría de tenda. Florinda Gonzalez Mourille, 8/2/1886 , de Santomé e Remigio Mosquera López, (tío Rubio) 21/4/1891 , de Escairón (Lugo), coñecéranse e casaran na Habana (Cuba), 23/12/1916 . Ao cabo dun tempo de casados tiveran unha nena pero esta faleceu con pouco mais de tres anos e xa non puideran ter mais. Parte desa casa era de Constantino, pai de Florinda, que acababa de falecer cando o matrimonio retorna de Cuba. Constantino Gonzalez casara, en primeiras nupcias, con Caetana Yáñez e tiveran dous...

Dito 107 : Profeta na súa terra

Imaxe
  P rofeta na súa terra     - Aí queda a que ben de escribir o último capítulo da Cruz    -si, e   con que pouca diferenza do penúltimo, seu irmán, menos de dous meses que se foi Eladio. Sempre será unha magoa o feito de non deixar descendentes, e para mostra a de esta familia, dentro de poucos anos ninguén se acordará xa de que existiran.      - Mágoa que a Eladio non se lle dera por escribir e deixar reflexado nalgún medio o que sabía e recordaba e que así levaría con El     -pois por El non sería, que en cada ocasión que tiña aproveitaba para “ilustrar” a quen quixera oílo de todo o que contaba, mais ben a culpa sería nosa por non prestarlle mais atención e agora lamentámonos do que xa non ten remedio. Por certo, ¿ti tes entrado algunha vez en https://santomedasolas.blogspot.com ?        -si, claro, mais dunha vez       -¿e que che parece?    -interesante,...