Dito 107 : Profeta na súa terra
Profeta na súa terra
-Aí queda a que ben de escribir o último capítulo da Cruz
-si, e
con que pouca diferenza do penúltimo,
seu irmán, menos de dous meses que se foi Eladio. Sempre será unha magoa o
feito de non deixar descendentes, e para mostra a de esta familia, dentro de
poucos anos ninguén se acordará xa de que existiran.
-Mágoa
que a Eladio non se lle dera por escribir e deixar reflexado nalgún medio o que
sabía e recordaba e que así levaría con El
-pois
por El non sería, que en cada ocasión que tiña aproveitaba para “ilustrar” a
quen quixera oílo de todo o que contaba, mais ben a culpa sería nosa por non
prestarlle mais atención e agora lamentámonos do que xa non ten remedio. Por
certo, ¿ti tes entrado algunha vez en https://santomedasolas.blogspot.com?
-si,
claro, mais dunha vez
-¿e
que che parece?
-interesante,
aínda que ultimamente ao seu autor déuselle pola poesía e a min gustábame mais
cando contaba contos ou anécdotas que escoitaría dos veciños ou dos seus
familiares. En todo caso un moi bo traballo con moitas horas de dedicación pero
tamén con boas fotos e vídeos, todo moi currado.
-¿A ti nunca se che deu por escribir algo?,
sabes que poderíalo facer si quixeras
-non
filla non, recorda que eu non fun o Zorelle. Xa sei que tamén escribe aí alguén
mais, pero ese xa non me gusta tanto. Algúns pensan que con contar catro cousas
mal contadas xa son escritores. Ademais ese blog
non é del, el só é un intruso que se está aproveitando das ideas dos demais.
-Pois
eu direiche que fai pouco que me decatei de que existía ese blog e de quen
escribía nel, e hasta agora, todo o que levo lido gústame. Recoñezo que algúns
textos pódense facer algo longos e pesados, pero parécenme ben documentados
-¿documentados?, si, no wikipedia, si nin
sequera ten a delicadeza de poñer as reseñas das fontes. Unha vez que pegara na
cabeceira dun escrito un debuxo do Grito de Munt fixérao sen describir, como si
fose el o que o debuxara, con iso dígoche todo. Ademais é un impostor, a
maioría das fotos que publica faino como si fora el quen as fixo, cando todos
sabemos que xa levaban expostas dende fai anos nese blog e que foran feitas polo seu autor
-iso que
dis estráñame moito, e penso que esaxeras bastante; que el non che caia ben
polo que sexa entenderíao pero aquí falamos do fondo da cuestión; que sería
escribir contando cousas variadas pero todas elas con algo en común: Santomé,
coa súa cultura e a súa historia, coas súas xentes, de antes e de agora, e
tamén con algunhas das vivencias que se recordan; iso, para min, e moito mais
importante que todo o resto
-non, si el
a min non me cae mal, e do que escribe estou de acordo contigo en que é bo que
alguén o faga, oxalá fosen mais; o que non acabo de ver ben é a maneira que
tivo de entrar nun medio con carácter de privado e moverse nel como si fose
propio. Ademais ultimamente meteuse a escribir de cada familia do lugar como si
fose un entendido no tema, cando el foise do pobo fai xa mais de cincuenta anos
e apenas aparece por aquí de cando en vez. Non me estrañaría nada que algún
compoñente desas familias lle acabe chamando a atención por andarse metendo
onde non o chaman
-iso si
que me estrañaría mais aínda, pola miña parte, cando lle toque de falar da miña
pode espraiarse o que lle de a gana, seguro que me decatarei de cousas que non
sei e con iso non podería mais que estarlle agradecida. E do que dis de
marcharse do pobo, ¿ti mais eu non fixemos o mesmo?, ¿canto tempo fai que nos
fomos? ¿e canto paramos aquí cando volvemos?. Supoño que terás oído o dito: «un non é de onde nace, senón de onde pace»; aínda que eu cambiaríao por: «un non é só de onde nace, senón tamén de onde pace»
- si que
coñezo a frase, á que eu engadiría: «ademais de onde ten aos seus mortos».
-Xa que vai de frases, ¿sónache esta?: «Ninguén é profeta na súa terra»
-claro, eu sufrino cando andei reparando nas televisións e poñendo
antenas, que era recoñecido e apreciado como técnico fóra de aquí, cousa que
nunca me chegara a suceder no lugar onde nacín. Tanto sería así que ía de
mellor gana a traballar cando me chamaban doutros pobos que viña a facelo ao
meu. Para os demais eu era o técnico, mentres que para os meus veciños era o
fillo de...
-Pois, salvando os tempos e as distancias, ti estás facéndollo pagar
agora a outros coas túas críticas de quen estamos a falar; seguro que si o
narrador que conta todo isto fose de Tombuctú, habería que facerlle unha
homenaxe, unha rúa co seu nome e tamén unha estatua no Cruceiro, así somos
amigo
-non pretenderás que lle fagamos unha homenaxe a ese tipo, se cadra el é
ao que aspira contando o que conta
-non sexas iluso anda. Parece que esa frase procede de cando Xesucristo
estaba a predicar no pobo de onde nacera cando xa viña de facelo doutras terras
onde o aclamaban, pero os seus veciños empezaran a protestar e desaprobar o que
dicía, gritándolle: «pero ti de que falas si só es o
fillo dun carpinteiro»
-o
que faltaba, agora vas e compáralo con Xesucristo pero ti, ¿onde queres ir a
parar?
-eu
xa paro aquí, ti faino onde che apeteza, total hoxe non hai quen te aguante,
así que vémonos outro día que razoes mellor, adeus Ramiro
-ata
outra Maruxa, vémonos en Tombuctú.
Ramiro Conciencia
Moradelha editora
