Dito 108 : Familias, casas e cousas (V)
Familias, casas e cousas (V)
Cara o Curro
Ese
que se ve na foto, pequeno e deserto agora, sería outro dos patios que noutros
tempos fervía de xente en movemento. Pola escaleira da dereita, compartida para
entrar á casa que fora do Campante,
accedíase ao bar do Rubio que tamén incluía dúas habitacións para dar pousada a
calquera dos ambulantes que daquelas aparecían por Santomé. Á esquerda estaba a
vivenda do matrimonio, onde unha parte tamén faría de tenda.
Florinda Gonzalez Mourille, 8/2/1886, de Santomé e Remigio Mosquera
López, (tío Rubio) 21/4/1891, de
Escairón (Lugo), coñecéranse e casaran na Habana (Cuba), 23/12/1916. Ao cabo dun tempo de casados tiveran unha nena pero
esta faleceu con pouco mais de tres anos e xa non puideran ter mais. Parte desa
casa era de Constantino, pai de Florinda, que acababa de falecer cando o
matrimonio retorna de Cuba. Constantino Gonzalez casara, en primeiras nupcias,
con Caetana Yáñez e tiveran dous fillos: Delmiro, 29/5/1876, e Antonio, 02/02/1879,
este faleceu, 27/09/1890. Ao quedar viúvo volvería a casar,
desta vez con Felisa Mourille coa que tiveran cinco fillos mais: Vicenta, 21/1/1883
e Antonio, 10/12/1883, morreran ao
pouco de nacer; Florinda, Fidelina, 10/8/1888 e Vitorina, 1/8/1890. Os pais de Constantino eran de
Nogueiredo, preto de Barral, os de Felisa eran de San Esteban. O motivo de que
acabaran vivindo en Santomé sendo de Castrelo non se sabe, pero casos de
familias que fixeran algo parecido habería mais.
O
resto das casas que pertenceran a Florinda e o tío Rubio fóranas comprando, o
mesmo que as terras, xa que herdanza apenas había. A que se ve ao fondo da foto
e que usarían como bodega, vendéralla por 500 pesetas Herminda, nai de
Concepción de Celso, segundo consta nun contrato de compra venta con data 20/5/1939.
A
casa que se construíu ultimamente aí ao lado, que tamén pertencera a un
matrimonio que non tiña moito que ver con Santomé, Francisco e Adelina,
fixérase sobre as ruínas doutra que fora da familia de Antonio González Dopazo
(Campante) e Xosefa Orozco Nieves, dos que xa se falou no capítulo dos
Loureiros. A última desa familia en vivir nesa zona fora unha das fillas dese matrimonio,
María (Fariñeira); esta lémbrase vivindo sempre sola porque quedara solteira,
pero os últimos anos da súa vida pasaríaos en Celanova coa súa sobriña Xosefina,
muller de Xosé Monea.
A rúa que se ve nesta foto e que vai do Curro
á Oliveira, tamén fixera de patio nun tempo en que vivían aí varias familias.
Agora aparece cimentada pero noutros tempos estaba case sempre estrada de toxos
para facer esterco. A primeira casa que se ve á dereita sería a parte de atrás
da vivenda do tío Rubio; un pouco mais alá aínda se poden ver as escaleiras que
subían ao cuarto da familia de Luz da Bouza e Pepe de Evaristo, en fronte tiñan
a cociña, á que tamén se accedía por unhas escaleiras interiores de madeira. Na
finca pechada que se ve ao fondo, estaba a casa dos Carrexolas, non se sabe de onde lle ven ese alcume, tampouco o de Entraquexantas. Nalgún tempo esa familia
chegara a ocupar todo ese lado da rúa hasta a Oliveira, incluída a casa que
mais tarde sería dos Cazotes, do
outro lado tamén se estendía hasta o Souto.
Casto Pérez e Ánxela Dieguez, 14/9/1853, casaran en 1875; o seu
primoxénito, Eliseo, naceu 6/6/1877,
logo aínda virían sete mais: Maravillas, 1/6/
1879; Julia, 4/7/1882, morreu cando
tiña oito meses; Emilio, 25/5/1885;
Xosé, 25/6/1888, morreu ao
pouco de nacer; Camilo, 22/1/1890;
Xosé Benito, 13/7/1896 e Jovita. Eliseo
casou con Fidelina, filla de Constante e Felisa e viviran na primeira casa,
pasadas as escaleiras da foto; aí tamén sería onde foran nacendo os seus
fillos: Silvino, Erundina, Delmiro, Antonio, Vitorina e Remigio.
Maravillas casou, 3/12/1904,
con Nicanor Villar Sousa de Terzas e habitarían o resto das casas que chegaban
a Oliveira. Maravillas e Nicanor eran os pais de Serafina (tía Serafina);
Jovita, emigrou a Cuba e xa non volveu; María, que fora testigo de Jehová; Xesús, e Aquilino. Emilio, outro dos fillos de
Casto e Anxela, tamén emigrara a Cuba cando era mozo e xamais regresou. Xosé
Benito (o Linda) casou, 6/2/1916, con
Pilar Dieguez Rivera de Terzas e tiveran tres fillos. Por último Jovita (tia
Jovita), casou con Aquilino López, pero desta familia falarase algo mais cando
toque pasar polo patio dos (Camorras).
Do
lado esquerdo dese patio, aínda que agora só se ven ruínas, viviran durante
moitos anos familias distintas pero case todas con algo en común: o casamento
entre Juan Judas Yáñez de Santome e Rosa Alonso de Cartelle. Esta parella tivo,
que se saiba, nove fillos: Ramón, 21/2/1856; Timoteo, 24/1/1857; Elías, 14/9/1859;
Xosé, 13/11/1860; Cándida, 10/3/1862; Juan, 6/12/1864; Martina, 10/4/1867;
Balbina, 13/10/1869, e Vicente, 9/7/1871, este faleceu, 23/9/1877.
Timoteo casou, 8/1/1898, con
Concepción Febrero Villar, 1/9/1871,
e tiveran, que se saiba, dúas fillas:
Palmira, 3/2/1898, e Contemplación
(Contempla). Xosé casou, 29/5/1889, con
Preciosa Rodriguez Lamela, 24/8/1866,
e foran os pais de David (o Gaiteiro), 3/3/1891,
de Saladina, 15/9/1896 e de Xulio
(tío Julio) que casou cunha muller de Seixadas, onde tamén foran a vivir. Cándida,
casou con Marcos Bande e tiveron cinco fillos: Nicanor, Vicente, Manuel,
Dolores e María; logo de quedar viúva volvería a casar, desta vez con Esteban
Martinez de Seixadas, onde tamén acabaría vivindo e rexentando unha carnicería.
A
última habitante da casa da esquerda que fai esquina coa rúa do Curro fora a
tía Dolores. Dolores Ferro do Carregal, aldea ao lado de Outomuro, e David Yáñez,
casaran na igrexa do Mundil en novembro de 1924; aí tamén nacerían os seus
descendentes, tres mulleres e un home. A vivenda que ocuparan Luz e Pepe de
Evaristo fora antes de Balbina, que casara,
8/1/1898, con Emilio Pérez de Tallón (Macendo. Se sabe que Balbina falece
en 1944 e se cree que é un pouco mais tarde cando Luz e Pepe van a vivir aí, xa
que coincidiría, mais ou menos, coas datas do seu matrimonio. Tamén se cree que
Cándida coa súa primeira familia viviran na casa que ultimamente habitara
Preciosa e Benito. Ademais este grupo de vivendas da familia Yáñez/Alonso
estendíase, pola parte de atrás, hasta o medio do Curro.
No rexistro do Catastro de Ensenada (1752), o
apelido Yáñez aínda non figuraba en ningún dos veciños de Santomé. Nesta franxa
de tempo que se está tratando, 1852-1900, ese apelido aparece en varias
familias dispersadas por todo o pobo, cun total de cincuenta e cinco rexistros,
entre bautizos, vodas e enterros, pero o mais notable é que, case todos,
proceden do mesmo orixe. Algúns dos encargados en expandir dito apelido foran
Juan Judas cos seus nove descendentes e seus irmáns: Gregorio con sete, dos que
dous morreran ao pouco de nacer, Andrea con catro e Caetana con dous.
Esta Caetana sería a mesma que casara con
Constantino, polo tanto nai de Delmiro que vivira no Mesón onde tamén tivera
unha carnicería. Tamén no Mesón, nunha casa que había onde fixeron a súa Alicia
e Antonio, puido haber vivido Gregorio, xa que alí tamén viviron dúas fillas súas:
Emilia e Bernarda. Emilia foi a primeira muller que tivo Delmiro. Bernarda era
a nai de María, muller de Agapito de Terzas; de Asunción, muller de Fankín da
Bouza; e tamén de Benito (o Bolero), un mozo que mataran en 1933 no camiño que
ía do Barreiro aos Feás, parece ser que por unha disputa entre dúas familias
polo dereito dun paso.
O
Rubio e o Gaiteiro, ademais de ser veciños e nacer no mesmo ano, debían de ser
bos conversadores. Un día que foran a unha feira de Ourense andando polos
Castros, perderan ao grupo de xente que saíra con eles por ir enfrascados nunha
desas conversas, parándose cada pouco co ánimo de discrepar. Como aínda era de
noite e non se debía de ver moito, en vez de seguir cara Trelle, despistáranse
collendo a pista que ía á aira de Xestosa e foran parar a San Fíz. Unha vez alí
alguén lle dixera que adiantaban mais baixando ata Puga, cruzar o río no paso
da barca fronte a estación de Barbantes, e alí coller o primeiro tren que
viñese de Vigo. Iso foi o que acabaran facendo, pero cando chegaron a Ourense pasaba
de mediodía e xa non debía de haber moita feira, aínda así seguro que sen comer
o pulpo non quedaran.
Texto por Luis de Olimpia
Moradelha editora



