Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2020

Dito 49 : Agapito de Terzas

Imaxe
Terzas Aqui chegamos Maruxa, dixo-lhe um dia Agapito. Ja nom quero o acto contigo nestas tam tristes condicions. Sinto-me coma unha merda, ainda que ò final consintas, pra mim nom é suficiente. Tés que compartir comigo, participar, dissimular, ainda que so fose um chisco. Sinto-me coma um violador, ti so deixas-te remexer e humilhas-me a cotio, porque non se me endireita. Como se eu refregara contra uma dura parede, contra a parede de pedra, coma se botaras auga. Fico frio e arripiado, a cousa nom da quecido. Ti ja non me qués, Maruxa. De velho so se travalha, ja o sei, namais de tanto en vez. Peró sabes que a Celsiña de Orlando, do pelo loiro, aínda mira muito pra min. espero non ser quem caia nesa tentazón, valga Deus. Eu nom che som tam moderno, que perda grande seria, para min e pra ti tamém. Que pensariam os vizinhos, do reverendo nim falar. Com esta ansia nom se vive, Eiqui ainda, haiche repressom, e tamém muito prejuízo. Agora fago-me cas...

Dito 48 : Adriano

Imaxe
Santo Tomé Alto dos Castros Nascimento dum poeta Adriano 1 Ja voa e canta o cuco no alto da Moradelha. soam campás hai um pouco, soam bem forte na orelha. 2 Imos todos à pressa, imos alá ao longe. Temos uma suspresa, nunca vista ata hoje. 3 Imos a gente toda atá o alto dos castros, coma indo a uma boda, com xantar em canastros. 4 Hai uma cousa no ar, uma cousa furtiva. Saiamos todos do lar vaiamos alá em riba. 5 É um home ou mulher, que no ar suspendida, alumea por doquier, coma beneca espida. 6 Foi saindo das nuves flutuando ingráveda, ista manhá de joves, bem cedo, coa geada. 7 Faro que resplandece, enchendo de luz o val. Um lume que adoece, e moi preto del, fai mal. 8 Relumbra por todo o val, do Gato, ata Novelle, uma claror sem igual, ata Fondo Larelle. 9 O val de Pereirinha, moi branquinho se vía, geada, cor farinha ata o val de María. 10 As pombinhas torcazes planeam os tojeiros. Coronam os rapazes choutando n...

Dito 46 : E sen cura (resume)

Imaxe
Catedral de Ourense Pórtico da Gloria   E sen cura (resume) by Luis de Olimpia   …Aínda que, nos anteriores documentos que falan dos curas, se fai mención o bispo Temiño, habería que dicir algo mais en defensa de estes homes que, durante un período non inferior a trece anos, estiveran sendo adoutrinados nun seminario, ca idea de ser dispersados polas diferentes “ xunglas” do rural, co só motivo de salvar almas. Si era verdade que monseñor Temiño acostumaba a reunirse habitualmente co Espírito Santo, como el sostiña, onde queira que poda estar agora, hai que supoñer que seguirá ben informado. Si así fose, non estaría moi satisfeito co resultado da misión que levaran a cabo aquela colleita de mozos, ordenados curas por el. Si se aplica o resultado de Santomé: de seis, deixaron o oficio e acabaron casándose tres, o que ben a ser a metade. Pero, ademais habería que ver o cambio que tiveron os outros tres: da disciplina na que foron adoutrinados cando s...

Dito 44 : E sen cura (3)

Imaxe
Santo Tomé : Antiga casa do cura E sen cura (3) by Luis de Olimpia    …Despois de haber pasado por algunhas turbulencias , retorna a calma nos encargados de coidar da saúde da alma en Santomé e Terzas, coa chegada de Mateo.    Dise que o mellor arbitro no fútbol e o que consigue pasar desapercibido cumprindo co seu deber na profesión. Mateo non pasaba desapercibido, pero tampouco se manifestaba como un protagonista en ningún caso. Cumpría perfectamente coa misión que lle encomendaran e pola que estaba alí, sen ningún tipo de florituras. Sabía ser Don Mateo na igrexa e Mateo na rúa.      Mateo Miranda López era natural de Pardavedra ( A Bola), Terras de Celanova. Procedía do seminario menor de Ourense onde xa exercía de administrador e, onde tamén, impartía clases a alumnos que daban os primeiros pasos como posibles futuros sacerdotes.     Eran os tempos en que Fraga, ministro de Información e Turismo...