Dito 46 : E sen cura (resume)
Catedral de Ourense
Pórtico da Gloria
E sen cura (resume)
by Luis de Olimpia
by Luis de Olimpia
…Aínda que, nos anteriores documentos que
falan dos curas, se fai mención o bispo Temiño, habería que dicir algo mais en
defensa de estes homes que, durante
un período non inferior a trece anos, estiveran sendo adoutrinados nun seminario, ca idea de ser dispersados polas
diferentes “xunglas” do rural, co só
motivo de salvar almas.
Si era verdade que monseñor Temiño
acostumaba a reunirse habitualmente co Espírito Santo, como el sostiña, onde
queira que poda estar agora, hai que supoñer que seguirá ben informado. Si así
fose, non estaría moi satisfeito co resultado da misión que levaran a cabo
aquela colleita de mozos, ordenados curas por el.
Si se aplica o resultado de Santomé: de seis,
deixaron o oficio e acabaron casándose
tres, o que ben a ser a metade. Pero, ademais habería que ver o cambio que
tiveron os outros tres: da disciplina na
que foron adoutrinados cando saíron do seminario, a ir aplicando o sentido
común que requiría integrarse e convivir cos veciños, para nada conflitivos,
pero si con ideas e sentimentos diversos.
Si nestes textos sobre Santomé, e nomeado
por varias veces o bispo, non e por casualidade; e que Temiño tamén estivo, ao
menos unha vez en Santomé. Debeu de ser no 1965, estaba de cura Don Ramón, e
viñera a administrar o sacramento da confirmación a unha remesa de rapazas e rapaces que roldabamos os catorce ou quince
anos.
Outra das razóns e a influencia que puido
haber tido este, no “exercito” de
curas que botou a andar durante o tempo que “reinou” no bispado de Ourense.
Curas ordenados por el, a fecha de hoxe, afirman que tiña un carácter moi
militar, estivera de cura castrense antes de ser bispo.
Nacera en Burgos en 1910. E nomeado bispo de
Ourense no 52. Retirase no 87. Morre en Burgos no 91, de onde e trasladado e
enterrado na catedral de Ourense.
Algunha das perlas ditas por este home:
«El que no está con el obispo, no está con
Cristo».
«No hagáis lo que quiera el pueblo, sino lo
que le conviene al pueblo porque al pueblo no le interesan nada nuestras ideas
y nuestras políticas».
«El
divorcio significará un retroceso público en la esfera de lo moral, una
condescendencia con las más bajas pasiones»
Referencia de Enrique Bande no libro La diócesis de Ourense :
«Agarrado
siempre al nacionalismo sindicalista con la mentalidad de cruzada y
autoritario, se mostró incapaz de comprender la mentalidad gallega y
ourensana».
«Un obispo que vivió siempre al margen de los
pobres, cercano a los privilegiados de la fortuna, de la cultura y del poder.
Nunca tuvo en cuenta al clero joven en su modo de actuar autoritario».
A Enrique Bande tampouco lle queda lonxe
Santomé. Naceu en Sande, estivo de cura durante sete anos en Ourense. Cando sae
dedicase a ensinanza como profesor de Instituto e na actualidade é catedrático
de Xeografía e Historia.
¿Resultaríalles a estes curas, acostumados
como viñan, moi difícil a vida e as costumes no rural?.
Contaba Domira Sancristá que, cando fora a
vivir a súa casa o primeiro cura, un día comendo preguntou que era a aguillada. Cando lle explicaron para que
servía quixeron saber o porqué da pregunta, el díxolles que o veciño que vivía
xusto en fronte da fiestra da súa habitación andaba todo o día nomeando a dita aguillada, que onde está a aguillada, que vou
coller a aguillada. Os que estaban na mesa non puideron evitar a risa ao
saber o que podía pasar, pero tampouco podían explicarllo ao cura.
Resultaba que en fronte vivía Luís Chimpacarros
coa súa familia. Os que coñecíamos a Luís sabíamos que era incapaz de dicir
catro palabras sen que unha fora mecagoendios
ademais berrando. Sabedor de que o cura chegaría a oír os xuramentos, tivera
que cambiar a habitude, desaugando a súa furia coa famosa aguillada.
Os anos de Teoloxía que “chaparan” no seminario, de pouco lle
servirían en Santomé. Tampouco a Escolástica de Aristóteles pois, si a primeira
chocaba coa aguillada de Chimpacarros,
a segunda o faría co existencialismo
de Amancio.
Si lles serviría de moito mais a “agudeza”
de cada un que mellor soubo utilizar o sentido común.
Unha cousa que queda por dicir e que, por
forza, debeu de ter moita importancia sería a “resistencia” as tentacións da carne. Por aquela época en
Santome e Terzas podía haber mais de corenta mulleres en idade de mocear, eles
tamén eran mozos. Por moito que lle houberan lavado o cerebro co celibato e a
virxindade no seminario, de pouco lle valería cando o demo e a testosterona
impoñían a súa lei.
Nunca se chegará a saber ben as razóns que
pode ter a igrexa para que, aínda hoxe, siga empecinada en soster o celibato,
cando houbera solucionado varios problemas solo con deixar que se casaran. De
entrada, habería mais curas e menos pederastia.
Hasta aquí as andanzas, vistas pasados xa
mais de cincuenta anos, destes homes, curas, persoas que, aínda sen ser
créente, se lles recoñece mérito e agradecemento.
Texto by Luis de Olimpia
Foto : / Catedral de Ourense, 11 de Maio de 2015
Moradelha editora