Dito 44 : E sen cura (3)
Santo Tomé : Antiga casa do cura
E sen cura (3)
by Luis de Olimpia
…Despois de haber pasado por algunhas turbulencias, retorna a calma nos encargados de coidar da saúde da
alma en Santomé e Terzas, coa chegada de Mateo.
Dise que o mellor arbitro no fútbol e o que consigue pasar desapercibido
cumprindo co seu deber na profesión. Mateo non pasaba desapercibido, pero
tampouco se manifestaba como un protagonista en ningún caso. Cumpría
perfectamente coa misión que lle encomendaran e pola que estaba alí, sen ningún
tipo de florituras. Sabía ser Don Mateo na igrexa e Mateo na rúa.
Mateo Miranda López era natural de Pardavedra ( A Bola),
Terras de Celanova. Procedía do seminario menor de Ourense onde xa exercía de
administrador e, onde tamén, impartía clases a alumnos que daban os primeiros
pasos como posibles futuros sacerdotes.
Eran os tempos
en que Fraga, ministro de Información e Turismo de Franco, puxera de moda os
Tele clubs nas parroquias do rural.
En Santomé o encargado de poñelo a andar fora
Mateo. Había que dispor de un local axeitado, nomear unha xunta directiva e
xustificar unha serie de actividades culturais para o seu fin.
Local había; sería
o baixo da casa onde vivía o cura, aínda que fora necesario acondicionalo xa
que o “inquilino” anterior habíao dedicado a corte de vacas. A xunta directiva
estivo composta por parte da xuventude que se prestou voluntaria , homes, a paridade
aquí aínda non chegara. Mateo sería o monitor.
As actividades
a realizar, como teatro, artesanía ou deportes, solo foron plasmadas no papel
de solicitude para que o ministerio concedera o material de posta en marcha,
que na realidade viña a ser unha televisión e unha pequena biblioteca.
A tele e os
libros chegaran a tempo. O tele club foi inaugurado con ilusión e esperanza por
todos pero, desgraciadamente, nunca chegou a funcionar como tal. Acabou sendo
un centro de reunión da xuventude para as tardes de domingo ou festivos onde se
ía ver televisión e conversar como en calquera bar, tamén a ligar si había ocasión.
Hai que dicir
que Mateo intentouno mais de unha vez pero era unha misión imposible. Razóns
habería varias, unha de moito peso sería
que os que acordamos esas datas, estabamos mais pendentes de chegar a maioría
de idade para “escapar” do lugar,
como así acabou acontecendo. En todo caso a Mateo nunca se podería culpar de
nada.
Ademais de
traballar para o tele club, Mateo daba, para quen quixera asistir, unha especie
de clases sobre valores cívicos, ou
de cómo nos debiamos de comportar en publico. Desde usar un escarvadentes, a
saber falar, escoitar, saudar e ser respectuoso. Tamén chegou a ensinar
francés, lingua que controlaba por ser unha das materias que impartira no
seminario.
Tampouco chegou
a estar moito tempo. Marchouse, ou cambiárono para unha parroquia de Luintra
onde estivo hasta fai pouco, que acabou retirándose por motivos de saúde.
O encargado de
seguir intentando que funcionara o tele club así como continuador dos actos
litúrxicos na parroquia, sería Laureano, que viña a substituír o anterior.
Co tele club
tampouco tivo sorte para que funcionara como debía. Si o chegaría a facer mais
tarde, xa en Seixadas, onde alí si se encontraría con colaboradores para as diferentes
actividades a practicar.
Algúns que foran
seus compañeiros de curso “burlábanse” del dicíndolle que como fora capaz de formar
un grupo de gaitas e danza, Os Chanquiños,
cando sempre suspendera música e apenas sabía cantar ben.
Laureano Conde
Santamaría nacera en Refoxos, (Cortegada), un 22 de decembro de 1941. Xa había
estado nunha parroquia de Castro Caldelas antes de vir a parar a Santomé a principio dos anos setenta. Aínda que nin os
veciños nin el o sabían, este viñera para quedarse.
Ía ser o final
dun ciclo onde, si Santomé había estado un carto de século sen cura; agora, en
pouco mais de dous lustros que diría o Tío Vito, habían pasado seis.
Era evidente que
o forte de Laureano non era cantar, pero destacaba xogando ao fútbol e, sen
deixar de lado as súas obrigacións relixiosas, sempre tivo unha boa relación
cos veciños, en especial coa xuventude.
Fose que Santome
empezara a quedarlle pequeno ou que preto había parroquias mais grandes que se
estaban quedando sen cura, o caso e que despois dun tempo foise para Seixadas
e, desde alí, tamén acabou atendendo a parroquia do Mundil.
Vai facer dous
anos en Abril, celebraba as vodas de ouro (50 anos) de sacerdocio. Preto xa dos
oitenta, e aqueixado de varias molestias motivadas por unha caída, segue ao pé
do canón, mais que nada por a necesidade de novos “reforzos”.
Seguirá un
resume…
Texto by Luis de Olimpia
Foto : / Antiga casa do cura e Teleclub, Santo Tomé decembro de 2006
Moradelha editora