Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2023

Dito 111 : Familias, casas e cousas (VII)

Imaxe
  Familias, casas e cousas (VII) Cara a Oliveira     As catro casas que aparecen na foto deberon de pertencer, durante os últimos dous séculos, a mais de catro familias diferentes. A primeira empezando pola esquerda, poido haber sido unha das vivendas que tivera a familia dos Febrero, aínda que desde fai anos só se recorda como palleiro. Os últimos habitantes da que segue foron os Estanqueiros, Antonio, Vicenta e as súas tres fillas, pero esa poido ser tamén a primeira vivenda dos pais de Antonio: Aquilino e Jovita, aínda que despois co incremento da familia, acabarían estendendo as súas propiedades ao longo de todo o patio coñecido como dos (Camorras). Aquilino López Rodriguez, 10/10/1883 , era o quinto dos seis fillos que tiveran Xosé López de Casardeita e Manuela Rodriguez de Santomé. Dous deses fillos, Juan e Maravillas, morreron no outono de 1877; de Claudino, Florindo e Rexina, non aparecen mais rexistros. Aquilino casou con Jovita, filla de Casto Pérez e...

Dito 110 : Adeus Madrinha

Imaxe
  Adeus Madrinha A defunto está tocando a senhora sacristana, as duas campás tanhendo. O cura pom a sotana e marcha cara ò velório, para rezar um responso. E já baixa pola veiga a fúnebre comitiva, caminho da Presoria. Por diante vai o sacristam cum crucifixo nas mans, e atrás duas velhas chorando. Tocam campás a defuntos, morreu a minha madrinha e adeus nom pudem dizer-lhe. Em quanto soubem a nova, colhim à presa o convoio, que até Ourense levou-me. Tocam campás a defuntos, morreu a nossa madrinha e adeus eu nom lhe dixem. Sei que ela ha perdoar-me, os tantos anos sem ve-la, vinhem o aginha que pudem. Adeus querida madrinha, quigera quando me toquem, estar convosco no ceo. ☆ A Vito de Rozuelo in memoriam Moradelha editora

Dito 109 : Familias, casas e cousas (VI)

Imaxe
  Familias, casas e cousas (VI)      No Curro Cando un pasaba polo medio do Curro a mediados de 1950, aínda se podía ver a un home paseando dun lado ao outro do seu corredor de madeira, vestido sempre cunha certa elegancia e sempre, fixese frío ou calor, cuberto cun sombreiro estilo cubano. O tío Venancio xa levaba moitos anos cumpridos, nacera en 1870, pero a súa figura erguida non acusaba o paso do tempo, como sí fixera con moitos dos seus contemporáneos que levaran unha vida ligada sempre aos traballos duros do campo. El nacera, casara e tivera familia en Santomé, pero daba a sensación de que pasara polo Lugar sen que o Lugar pasase por el. Venancio, 9/12/1870 , era o primoxénito dos nove fillos que tiveran Fernando Martinez López e Martina Gonzalez Armada. Logo virían oito mais: Estrella, 8/1/1873 ; Florinda, 8/8/1876 ; morreu 26/9/1877 ; outra vez Estrella, 5/1/1878 ; Rafael, 10/10/1880 ; Ramón, 1/10/1882 , morreu 3/9/1884 , Vítor, 27/10/1884 , morreu 27/...