Publicacións

Dito 20 : O Outono

Imaxe
O outono Noites de morcegos, sen cantos dos grilos. Asubíos de nordés e cheiros a lareiras Fumes na aldea A vendima xa feita Churen as carballas Xa chega o Outono Rebochan os ourizos, castañas de abondo, chamando ó magosto, os cangallos nas viñas O meu amor colleu a raiña, na festa da escasula *** Foto : Castiñeiro en Santomé 2010.10.10  Moradella editora

Dito 16 : A minha Lua

Imaxe
A minha Lua É co crescente que irei medrando e co mengoante, encolhendo. É coa tua luz que irei vendo e co teu descaimento, escurecendo. 🌟 Moradelha editora

Dito 10 : O Curro

Imaxe
O Curro O Mundo nasceu no Curro Todo aquel que trepe no Curro, será um amador dos gatos Nascem-lhe verzas e fentos Medram-lhe sainchos e ervas de campo Os penedos de baixo falam do Mundo falam da Borralha falam do Fénix Os penedos de baixo falam de ti minha meninha 🌟 Moradelha editora

Dito 9: Galiza

Imaxe
Galiza: Ata che dan de prestado a veira por onde camiñas ... Galiza As formiguiñas van levando a súa mantenza pra o canastro, dunha beira a outra do sendeiro ata o seu formigueiro. Espoñéndose a ser trepadas, polos que van indo con grandes chancos. Sen parar de carrexar millo pro canastro O seu niño non o deitará unha tempestade calquera. Galiza probe e despreciada coma sempre, coma unha formiguiña, Rosalía. Cedo espertarás sen dúbida. Teus irmáns cataláns turrarán de ti Sorride formiguiñas , que os tempos son chegados. Xa non haberá chancos con chatolas que convosco poidan Sorride enxebres, sorride galegos. Foto : Santomé, canastros no Fondo Lugar (setembro 2018) Moradelha editora

Dito 1 : Prólogo de Cantares

Imaxe
Cantares ".... Sin gramática nin regras deningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán os oídos dun purista; pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo, e penso que o conseguín en algo, si ben unha maneira débil e froxa. ¡Queira o ceo que outro máis afertunado que eu poida describir cos seus cores verdadeiros os cuadros encantadores que por aquí se atopan, inda no rincón máis escondido e olvidado, pra que así, ó menos en fama xa que non en proveito, gane e se vexa co respeto e adimiración merecidas esta infortunada Galicia! " Final do prólogo de Cantares, Rosalía (Foto : Santomé 23 abril 2011) Moradelha editora