Dito 1 : Prólogo de Cantares
Cantares
".... Sin gramática nin regras deningunha clas, o lector topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán os oídos dun purista; pro ó menos, e pra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o verdadeiro esprito do noso pobo, e penso que o conseguín en algo, si ben unha maneira débil e froxa.
¡Queira o ceo que outro máis afertunado que eu poida describir cos seus cores verdadeiros os cuadros encantadores que por aquí se atopan, inda no rincón máis escondido e olvidado, pra que así, ó menos en fama xa que non en proveito, gane e se vexa co respeto e adimiración merecidas esta infortunada Galicia! "
Final do prólogo de Cantares,
Rosalía
(Foto : Santomé 23 abril 2011)
Moradelha editora