Familias, casas e cousas (IX) No Fondo do Lugar A casa grande do Fondo do Lugar era a do Sancristán, polo seu tamaño, co seu patio pechado, con bodega, forno para facer pan, pozo de auga e cortes do gando; pero tamén polo concorrida debido ao seu número de descendentes, de xornaleiros, incluso algún criado, que lles axudarían a traballar o seu considerable capital. Xosé Martinez Dieguez, 31/10/1892 (o Sancristán) debía de ter pouco mais de doce anos cando inauguraron a igrexa de Santomé e, aínda así, poido ser o primeiro en encargarse das cousas da sancristía, da limpeza, e tamén en axudar ao cura no altar á hora da misa. Os seus pais foron Adrián Martinez e Xoana Dieguez, dos que se sabe que tiveron dous fillos mais: Xosefina, 7/9/1891 e Xulio, 10/5/1897 , aínda que estes dous morrerían ao pouco de nacer. Aparte do oficio de Sancristán, Xosé era carpinteiro, profesión que tamén acabarían herdando mais dun dos seus fillos. ...
Pasaba por Santomé Definición do Dicionario de Autoridades da Real Academia da Lingua (1.739), ao que coñecemos como Camiño Real: Chámaselle así ao máis ancho, principal, fácil e empregado polos viandantes, e por iso teñen obrigación as Xustizas de telo limpo, composto e tamén en partes empedrado. Chámaselle Real, porque é público, ou leva a paraxes grandes, e camíñase por el con máis conveniencia. Aínda que ao falar de camiños reais pódesenos ir a idea ao Camiño de Santiago, hai que dicir que o verdadeiro sentido que terían estas vías non sería tanto o relixioso, senón mais ben o práctico: atallos para trasladarse dunha cidade ou vila á outra, así como ao trasporte de gandos e carruaxes con mercadorías de calquera tipo que podían abondar nalgún lugar e escasear noutros. Tampouco terían moito que ver coa realeza, aínda que algúns reis chegasen a usalos nas súas viaxes entre cidades e vilas. Estas calzadas viñan xa da época dos romanos, algunhas incluso manterían ...
Familias casas e cousas (XIV) …E no Mesón Mesón, segundo a RAE: Hospedaxe pública onde por diñeiro dábase albergue a viaxeiros, cabalerías e carruaxes . Con esta lóxica e tamén algunha imaxinación, o lugar de Santomé chamado desta maneira puido acoller, tempos atrás, un establecemento dedicado a algúns destes servizos tendo en conta a súa situación estratéxica. Se sabe que a ruta mais curta para viaxeiros, xentes con oficios, ambulantes ou moinantes, partindo de Macendo, Sande ou Cartelle cara Ourense, serían os dous camiños que se xuntaban no Marco: o que pasaba entre Reigoso e Baldaríz e subía por Crava-Dentes hasta a Salgueira, e o que procedía do Palmeiro pasando polos Pereiros, que na Bouza se repartía en dous ramais: un cara os pobos da parroquia de Macendo e outro cara Santomé; este ademais sería o mais transitado polos seus veciños para ir e volver da Vila (Ribadavia). Para seguir cara Ourense ou tirar cara o Val Da Rabeda, entre Sabucedo e Loiro, onde ...
Familias, casas e cousas (IV) Nos Canastros A escaleira de pedra laxe, agora deserta, que se ve pegada á casa do tío Evaristo, fora noutro tempo un fervedoiro de homes e rapaces subindo e baixando para cortar o pelo na barbería do tío Eladio Petolo. Eladio era un dos tres fillos que tivera o matrimonio entre Manuel Estevez e Florinda Martinez de Terzas. Cando estalou a guerra atopábase na sega en Castela como moitos outros. Ao quedar en zona republicana tivera dificultades en atravesar a fronte para regresar a Terzas, aconsellado por seu irmán Serafín para que se marchara cando xa serían bastantes os familiares que quedaban combatendo. Aos dous días de chegar á casa recibe unha citación para presentarse en Celanova. Desde Celanova levárano a Santiago e de alí a unha cárcere no norte de África acusado de ser afín á República, cando el sempre había sido neutral. Cando queda en liberdade retorna ao seu pobo; pouco despois cásase e veñen a vivir a Santomé onde tamén ...
Familias casas e cousas (VIII) Cara ao Fondo do Lugar Os trece chanzos que aparecen á esquerda da foto, conducían á que fora durante mais de trinta anos a escola pública de Santomé. Por alí pasarían mestres como Xosé Febrero, Antonio Reza de Tallón, Del Caño de Cartelle, Francisco de Celanova, Aurora da Arnoia, Nabor de Xestosa ou Bautista da Cruz. Algúns destes nin sequera terían o título de mestre pero daquelas bastaba con que tiveran uns coñecementos básicos así como algo de experiencia á hora de ensinar. Aínda que esa casa é recordada como a escola vella , a realidade sería que, antes de ser utilizada como tal, pertencera e fora vivenda dalgún membro da familia Febrero. O apelido Febrero levaríao mais dunha familia de Santomé pero a mais numerosa, tamén a mais soada, sería a que fora propietaria desa e doutras casas dispersadas pola mesma zona. Para saber un pouco mais desta parentela empezarase falando do...
Da Capilla ao Taller A capela que houbera en Santomé, puido estar onde está agora a fonte do Cruceiro. Non existen datos do tempo que estivo aí nin a ninguén que a recorde, polo que a mellor proba da súa existencia podería ser o nome que lle quedou ao lugar. As que si recordarían algo, si falaran, serían as pedras coas que se construíron algunhas das casas da zona, hasta non sería de estrañar que algunha desas pedras pertencera a propia capela. Nunha desas casas, fai xa tempo en ruínas, crese que viviu a familia Villar/Álvarez. Clemente Villar Dieguez, fillo de Tomás e Manuela, casou, 23/11/1896 , na igrexa de Cartelle con Emilia Álvarez Pérez, 15/2/1868 , filla de Genaro e Matilde. Fillos do matrimonio serían: Xulia, 5/2/1897 , Carme, 4/5/1898 , e Antonio. A Xulia recórdase vivindo ao lado da fonte nunhas condicións bastante precarias. Logo estivera un tempo na que fora a escola vella, pero os últimos anos da súa vida pasaríaos na casa reitoral ao quedar esta baleira pola m...
Familias casas e cousas (XIII) Pola Carreira Branca A orografía de Santomé desde 1960 podería haber cambiado substancialmente si a estrada de Xestosa se houbera feito polo seu lado oriental, como se proxectara nun principio, e non polo occidental como se acabaría facendo. Habería mais que un motivo para que así ocorrese, pero o principal fora a influencia ou o poder dalgúns veciños que tirarían mais para ese lado co solo interese de que a nova vía lles pasase mais preto das súas casas. Como queira que fose, dende o Picoto dos Corvos hasta a igrexa, o aumento da construción de casas do lado do pobo que se fixo a estrada sería moi notable, mentres que do outro lado apenas houbera cambios. Aínda que a día de hoxe son poucos os que a nomean, xa se chamaba Carreira Branca no Catastro de Ensenada (1752), a rúa que vai da Castiñeira ao Mesón, así como as centeeiras e viñas que se estendían hasta a Ferrañeira ou o Anquedo. Ese camiño, ademais de vía de servizo para xen...
#Edvard Munch Diario dun infeliz « Dende que non escoito as miñas voces ando un pouco mais solo e perdido. Están a darme unha medicación para que esas voces non volvan outra vez, e para iso, unha vez ao día tomo un psicotrópico, unha pastilla de color azul que me deixa a boca tan seca que apenas se me entende o que falo. Logo séguelle un estabilizador do ánimo de sabor amargo para, segundo me din, combater a depresión, o cal me estriñe e me fai inchar pola retención de líquidos, así que teño que tomar un diurético e tamén un laxante para aliviar eses síntomas. O diurético dáme dolor de cabeza e teño que combater ese efecto secundario con analxésicos, mentres corro ao baño para resolver o outro. Ademais, cada quince días inxéctanme un potente antipsicótico no ambulatorio. Dinme que ese antipsicótico sería para impedir que teña conductas malignas ou suicidas pero tamén me produce un lixeiro tremor nas mans e unha contracción nas comisuras dos labios e da cara que parece que vou f...
Familias casas e cousas (XII) Do Souto ás Airas Antes de facer a estrada de Santomé a Xestosa, chamábase tamén Souto a todo o terreo de viñas e hortas que chegaban hasta o Olivar ou o Arroio. As familias que habitaban a zona, así como as súas vivendas, irían desaparecendo case sen darse conta e por variados motivos pero, para os que nacemos a mediados do século pasado e xogamos de rapaces por aquelas corredoiras, o Souto segue vivo, aínda que só sexa nos recordos. Familias como a de Pichón, con Erundina de Santomé e Antonio de Ramiras e seus fillos: Carme e Pepe; do Durma que, a pesar de Fidelina ser do Carballal e Darío da Bouza, decidiran asentar a súa vivenda en Santomé; da tía Fidelina e tío Eliseo cos seus seis fillos, dos que xa se falaba no capítulo (V), serían só algunhas das que xa fai tempo que se foron e con elas tamén as súas casas, aínda que algunha se siga conservando a día de hoxe. Entre a casa do Durma e a da familia da tía Isabel, había unha ...
Antonio Villar Febrero O que se sabe e o que se supón que poido pasar Se sabe que se chamaba Antonio, que o alcumaban (Caraveleira) e que nacera no fondo do Lugar, na casa onde hoxe vive Virxinia coa súa familia, un primeiro de ano de 1912; alí crecería e asistiría á escola do Cruceiro salvo nos días que tivera que axudarlle a seus pais a traballar as terras ou en ir pro monte co gando; logo faríase mozo, iría ás mozas e acabaría casando e tendo familia, se non fora porque algúns moi lonxe de alí e sen sequera coñecelo de nada, decidiran privalo da súa vida cando solo contaba 29 anos. Se sabe que o campo de concentración alemán de Mauthausen non estaba en Alemaña, que estaba en Austria, situado ao lado dunha canteira de pedra onde obrigarían a traballar aos alí recluídos baixando e subindo as 186 empinadas escaleiras cargados con bloques de granito, pedras que outros xa se encargaran antes de ir rompendo dos penedos da canteira, e todo iso a base do seu propio esforzo físico mo...