Dito 54 : A escola do Taller

🎵 Anduriña Juan y Junior A Escola doTaller by Luis de Olimpia Diario hipotético dunha Mestra: Primavera de 1956 << Creo que mañá empezan tres novos mais, isto estase poñendo demasiado complicado. Así xa serán 55; 39 de Santomé e 16 de Terzas, cando en ningún caso deberíamos haber pasado de 40 en total. Haberá que pedir mais bancos e outra mesa, pero xa non queda sitio onde metelos. Fai tempo que andan dicindo que van facer a escola de Terzas, pero non dan empezado e síntome mais desbordada cada vez. O único que lles interesa os pais e que eu lle atenda os seus fillos, tres horas pola mañá e dúas pola tarde, para que eles poidan ir a traballar as súas terras, pero resulta que eu tamén teño fillos que atender, e terras que traballar>>. Chamábase Hermelinda Orozco e nacera en Terzas. Se podía ato...