Dito 54 : A escola do Taller
🎵 Anduriña
A Escola doTaller
by Luis de Olimpia
Diario hipotético dunha Mestra:
Primavera
de 1956
<< Creo que mañá empezan tres novos mais, isto estase poñendo
demasiado complicado. Así xa serán 55; 39 de Santomé e 16 de Terzas, cando en
ningún caso deberíamos haber pasado de 40 en total. Haberá que pedir mais
bancos e outra mesa, pero xa non queda sitio onde metelos.
Fai
tempo que andan dicindo que van facer a escola de Terzas, pero non dan empezado
e síntome mais desbordada cada vez. O único que lles interesa os pais e que eu
lle atenda os seus fillos, tres horas pola mañá e dúas pola tarde, para que
eles poidan ir a traballar as súas terras, pero resulta que eu tamén teño fillos
que atender, e terras que traballar>>.
Chamábase Hermelinda Orozco e
nacera en Terzas.
Se
podía atopar camiñando polos carreiros do Tapado, Os Cortellos, subindo ou
baixando A Costa da Veiga, sempre vestida de negro loito rigoroso, pero
elegante, con clase. Era o percorrido que adoitaba facer dúas veces ao día, ida
e volta, fixera calor, chovera ou nevara, da súa casa en Terzas a escola do
Taller de Santomé, camiño que tamén farían os seus veciños, rapaces e rapazas
en idade escolar.
Non
sería estraño volvela a ver de novo, despois da saída da clase da tarde,
agarrada a rabiza dun arado en tempos de sementeira, sachando millo, patacas,
incluso coa maquina de sulfatar ao lombo. Aí podía perder algo de elegancia,
pero nunca a súa dignidade.
As
súas clases eran impartidas coa disciplina que esixía o réxime da época: Idioma
español, rezar antes e despois de cada clase e, sobre todo, resaltar a formación do espírito nacional .
Las niñas reciben una educación y una instrucción
adecuadas a su sexo. Su preparación
para la vida es diferente a la de los
niños, porque también es diferente el cometido que Dios les ha señalado.
Joaquín Ruíz-Giménez Ministro de Educación 1955
Non era
un “taller escola”, era a Escola do
Taller, que era así como se chamaba o barrio das aforas de Santomé; un páramo empinado onde apenas medraban os codesos, solo había unha bodega, a do Tío
Vito, un palleiro, o de Amancio e tres canastros. Anos mais tarde chegaría a
familia de Antonio Carrizo de Sur América
e transformaríao no que e agora. O edificio da escola pasaría a ser
corte do gando; no espazo entre a escola
e a estrada, onde se xogaba antes de entrar e nos recreos, construirían a súa
vivenda e, no baixo desta, o bar tenda que perduraría hasta non fai moitos
anos.
As
mesas da época eran planas e rectangulares e tiñan un oco debaixo para gardar o
material. Nos bancos sentábanse catro ou cinco alumnos, case sempre de cara a
mestra, salvo cando non se cabía, entón engadíanse outros bancos de costas.
Aínda que a escola era unitaria e mixta, as rapazas estaban separadas nos
asentos dos rapaces. Os maiores, que podían chegar os catorce anos, sentábanse
diante; os pequenos, desde seis anos, quedaban ao fondo.
Detrás da mesa da mestra estaba o encerado e encima un crucifixo flanqueado
dos lados cos retratos de Franco e José Antonio.
O
primeiro e principal da actividade era dotar os rapaces dos coñecementos mínimos; ler, escribir e as catro regulas. Os
que xa sabían ler, facíano nun mesmo libro. En colectivo tamén se facía
estudando nos mapas: os rios, golfos, cabos ou as capitais de países e
provincias así como a táboa de multiplicar. Todo isto sempre en alta voz. Non
lles resultaría nada estraño, a xente que andaba a traballar, escoitar estes cánticos dende os Cardedos ou as Airiñas.
Diario
hipotético doutra Mestra:
Outono de 1960
<<
Xa fai unha sema que cheguei a este lugar deixado da mao de Deus onde, por
“sorte”, me mandou, espero que non por
moito tempo, a Delegación de Educación.
Teño
que enfrontarme todos os días a unha “manada” de mais de corenta rapaces e
rapazas dende os seis os catorce anos e cun nivel tan variado que aínda hoxe
non sei por onde empezar. Admiro a que me precedeu que, a maiores, tiña que
“aguantar” un número maior>>.
Chamábase Rosa Feijóo e nacera na Manchica.
Chegara a Santomé acompañada dun neno de
poucos anos e embarazada dunha nena que nacería uns meses mais tarde. Seu
marido era dunha familia pequenoburguesa de Celanova alcumada os escultores. Como aínda non se
construíra a nova escola, que xa acabaría tendo vivenda propia, fora a vivir a
Moradella a casa de Daniel, ou de Elvira, xa que Daniel daquelas andaba navegando polo mundo adiante.
Co
cambio de mestra cambiou tamén o método de ensinanza así como o nivel de
estudo. Pasouse da pizarra e pizarrin o caderno e bolígrafo Bic. En libros de
texto apareceron as enciclopedias de Álvarez, que xa se viñan utilizando no
plan de estudios primarios , pero agora pasarían a ser imprescindibles as de
1º, 2º e 3º grao onde aparecían resumidas todas as materias da época: Lingua Española, Xeografía,
Aritmética, Xeometría, Historia de España, Ciencias da Natureza, Historia
Sagrada e Evanxelios.
A
Aritmética daquelas eran os problemas;
había un libro de problemas que tiña a mestra e íallos pondo os alumnos, subindo
de nivel segundo como estes os foran resolvendo.
Nos recreos da mañá repartíase unha leite en
polvos que sabía a fariña rancia. Había quen non era capaz de bebela pero tiña
que coller o seu vaso igualmente e despois buscar a maneira de que non o viran
para tirala. No inverno esta especie de leite quentábase nunha estufa
alimentada con serrin traído da fábrica da Seara, esta mesma estufa intentaba
quentar o local, cousa imposible, xa que era demasiado pequena para tanta superficie
e, por si isto fora pouco, moitos dos cristais das ventás estaban rotos,
permitindo a entraba do viruxe que viña do Coto de Novelle.
Os xogos dos rapaces no recreo eran variados
pero case todos acababan xogando a pelota na estrada que se acababa de abrir
entre a horta do Tío Vito e o palleiro de Amancio. As pelotas eran de goma e
duraban pouco xa que, cando algunha caía na horta, o Tío Vito estaba sempre
pendente para collela e rachala cun coitelo ou unha fouce. Un día que non podía
con unha de pel de gato, acabouna levando a un talleiro para rompela coa
machada, pero apuntou mal e a pelota saltoulle as narices co cal ese tipo de
pelotas serían as que mais se acabaron usando.
As rapazas xogaban ao perrojato que viñan a ser uns cadros debuxados no chan dos que ían
saltando a pata coxa empuxando co pé unha pedra lisa tendo sempre coidado de
que non quedara en ningunha raia, nin tocar estas cos pes. A reina do xogo era
Milagros. Tamén era a segunda da que moitos andabamos un pouco namorados; por
suposto, a primeira era a mestra.
Da mestra da Manchica apenas hai
información. Cando pechan a escola do Taller e abren a do Bacelo, desprazase a
esta cos seus fillos. Alí vivirá e dará clases hasta 1973 que empeza a
funcionar o grupo escolar e todo o alumnado e desprazado a Cartelle.
Fai uns días, se consigue falar con ela por
telefono. Ten dificultades para recordar e non e capaz de levar unha
conversación fluída. Fai anos que quedou viúva e vive sola nun apartamento en
Celanova. Algún dos seus fillos está en Madrid e outro en Vigo.
A mestra
de Terzas pasaría os últimos días da súa vida na residencia de Cartelle, onde
deixaría de sufrir con 94 anos cumpridos o 4 de xaneiro do 2015. O loito que a
caracterizaba levaríao hasta o seu fin: aos 24 anos perdera a seu pai, aos 32
un neno e unha nena de poucos días, aos 34 ao seu home de 37. Dos tres fillos
que lle quedaban, o mais novo, que se acababa de casar, pereceran el e a súa
muller en viaxe de voda en 1981 nun accidente de coche as aforas de Madrid. O
maior faleceu no 2008 aos 57 anos.
Erguerse cada día con semellante lastre as costas e, conseguir estar con
boa cara para os demais, sería sen dúbida, a
mellor lección da Mestra.
Texto by Luis de Olimpia
Moradelha editora