Publicacións

Dito_123 : Pasaba por Santomé

Imaxe
  Pasaba por Santomé   Definición do Dicionario de Autoridades da Real Academia da Lingua (1.739), ao que coñecemos como Camiño Real:  Chámaselle así ao máis ancho, principal, fácil e empregado polos viandantes, e por iso teñen obrigación as Xustizas de telo limpo, composto e tamén en partes empedrado. Chámaselle Real, porque é público, ou leva a paraxes grandes, e camíñase por el con máis conveniencia. Aínda que ao falar de camiños reais pódesenos ir a idea ao Camiño de Santiago, hai que dicir que o verdadeiro sentido que terían estas vías non sería tanto o relixioso, senón mais ben o práctico: atallos para trasladarse dunha cidade ou vila á outra, así como ao trasporte de gandos e carruaxes con mercadorías de calquera tipo que podían abondar nalgún lugar e escasear noutros. Tampouco terían moito que ver coa realeza, aínda que algúns reis chegasen a usalos nas súas viaxes entre cidades e vilas. Estas calzadas viñan xa da época dos romanos, algunhas incluso manterían ...

Dito 122 : De Ensenada aos nosos días

Imaxe
  Rapazallada polos anos 60 A táboa que aparece na cabeceira do escrito, fai referencia ao seguimento dunha familia que existiu en Santomé desde fai xa mais de tres centos anos e, na que algúns dos seus descendentes aínda se poderían identificar a día de hoxe. Podíase haber elixido outra calquera das mais de cincuenta que vivían por eses tempos no lugar pero si se escolleu esta sería, entre outras cousas, porque resultou ser a menos difícil á hora de rebuscar o parentesco dos seus descendentes debido a que o seu primeiro apelido, (Estevez), sobrevive no tempo grazas a que sempre se iría sucedendo nalgún dos herdeiros do xénero masculino. O interese que puidera ter esta publicación para a maioría da xente podería ser moi pouco. Mentres que sería sempre un dos retos que me propuxera desde que fora consciente da existencia do Catastro de Ensenada, (ano 1.752), realizado na Xurisdición de Cartelle, onde por suposto, se incluía o lugar de Santomé. Nalgunha publicación anterior deste b...

Dito 121 : O mellor e único amigo do Tolo

Imaxe
  O mellor e único amigo do Tolo Piloto espertárase aquela noite cun forte cheiro a carne chamuscada. Ao principio non sabía de onde podía vir aquela peste nin cal sería a súa orixe. El atopábase, como todas as noites despois de cear, deitado aos pés do seu amo e arrimado á cociña de ferro que sempre se intentaría manter quente nos meses de inverno. Ao incorporarse e mirar cara o seu dono, decatouse de que este permanecía sentado no seu banco de sempre, pegado ao ferro da cociña e coa cabeza inclinada para aproveitar mellor a calor, pero había algo raro na súa posición que lle chamara a atención. A súa postura de costume era cruzar os brazos e apoialos no pasamáns de cobre descansando a cabeza neles e sempre algo separado do fogón. O que o can estaba a ver agora eran os brazos do home caídos, deixando así que a súa cabeza repousara cara abaixo no ferro quente da cociña provocando, desta maneira, que a súa carne se estivese queimando e, de aí aquel desagradable cheiro. Piloto vi...

Dito 120 : Lembranzas de Fankín

Imaxe
  Lembranzas de Fankín «Eu son Balbino, un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén».      Así comezaba o libro de Xosé Neira Vilas: Memorias dun neno labrego . Todo parecido do que se vai contar aquí con ese libro, podía non ser unha casualidade. Fanquín, que era como lle chamaba a veces cariñosamente súa nai ao personaxe desta historia, tería moito en común con Balbino. Calzado con chancos e co pantalón remendado axudaría a seus pais en case todos os traballos que facían eles; desde carrexar feixes de herba para o gando, ir as piñas e a leña para o lume, sachar o millo e as patacas ou ir coas vacas cara o monte. Quizais tiña unha pequena vantaxe: que tanto seus pais como seu irmán como el mesmo, traballaban no que era deles, mentres que Balbino e os seus faríano nas terras do amo. « Eu estivera a punto de nacer nunha cociña se non fose porque alguén axudara a miña nai, que se atopaba soa nese momento, a subir á súa habitación no último instante e alí asisti...

Dito 119 : O culto aos mortos

Imaxe
  O Culto aos mortos     Nas paxinas que ultimamente se viñeran publicando neste blog , déraselle preferencia aos que naceran, medraran e casaran en Santomé, é dicir, aos vivos. Escrutar os centos de actas de bautizos e vodas escritas polos curas que, nesa época, lles tocara estar aí para ser os encargados dos oficios e   da administración da parroquia, neste caso a de Santa María de Cartelle. Pero, eses mesmos curas, fosen priores, presbíteros, abades, capeláns ou arciprestes , tamén serían os encargados de administrar o viático e de enterrar aos mortos. O prior , chamado así por ser o superior , que rexía a parroquia de Cartelle en 1.830, que é cando se empeza a facer este estudio, era Xosé Álvarez Pérez, de Pereda; este estaría hasta finais de 1.861 que sería substituído polo ecónomo (que suple unha vacante), Vicente Pérez. O seguinte prior foi Raúl Fernandez Pérez, de 1.862 a 1.867 e, xa hasta 1.899, estivera Vicente Álvarez. Dicir que, aparte dos prior...

Dito 118 : Familias, casas e cousas (XIV)

Imaxe
  Familias casas e cousas (XIV)    …E no Mesón Mesón, segundo a RAE: Hospedaxe pública onde por diñeiro dábase albergue a viaxeiros, cabalerías e carruaxes . Con esta lóxica e tamén algunha imaxinación, o lugar de Santomé chamado desta maneira puido acoller, tempos atrás, un establecemento dedicado a algúns destes servizos tendo en conta a súa situación estratéxica. Se sabe que a ruta mais curta para viaxeiros, xentes con oficios, ambulantes ou moinantes, partindo de Macendo, Sande ou Cartelle cara Ourense, serían os dous camiños que se xuntaban no Marco: o que pasaba entre Reigoso e Baldaríz e subía por Crava-Dentes hasta a Salgueira, e o que procedía do Palmeiro pasando polos Pereiros, que na Bouza se repartía en dous ramais: un cara os pobos da parroquia de Macendo e outro cara Santomé; este ademais sería o mais transitado polos seus veciños para ir e volver da Vila (Ribadavia). Para seguir cara Ourense ou tirar cara o Val Da Rabeda, entre Sabucedo e Loiro, onde ...