Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

Dito 88 : Compañeiros de andar aos niños

Imaxe
  Compañeiros de andar aos niños Poido ocorrer nos principios dos anos 1960, Antonio sancristán mais eu, ademais de monaguillos do primeiro cura que viñera novo para Santomé, eramos compañeiros de xogos e tamén de andar na busca de niños. Daquelas había moitos paxaros que facían os seus niños debaixo das tellas da igrexa, case todos eran negros, nos chamabámoslle cirrios a uns que eran moi parecidos ás andoriñas e choios a outros que se asemellaban aos merlos, debían de ser estorniños; tamén estaban os pardaos pero a estes dabámoslle menos importancia.  Antonio vivía na casa dos seus avós, o tío Xosé sancristán e a tía Elvira, xa que seus pais botarían unha longa temporada en Venezuela; como a veces era el o que abría ou pechaba a porta da igrexa, non lle sería nada difícil conseguir as chaves para subir ao campanario, dende alí, acceder ao tellado, quitar as tellas onde se intuía que podían estar os niños e collerlle os ovos que podían ter, sería unha tarefa bastante fá...

Dito 87 : O que se sabe e o que se supón que poido pasar

Imaxe
  Antonio Villar Febrero O que se sabe e o que se supón que poido pasar Se sabe que se chamaba Antonio, que o alcumaban (Caraveleira) e que nacera no fondo do Lugar, na casa onde hoxe vive Virxinia coa súa familia, un primeiro de ano de 1912; alí crecería e asistiría á escola do Cruceiro salvo nos días que tivera que axudarlle a seus pais a traballar as terras ou en ir pro monte co gando; logo faríase mozo, iría ás mozas e acabaría casando e tendo familia, se non fora porque algúns moi lonxe de alí e sen sequera coñecelo de nada, decidiran privalo da súa vida cando solo contaba 29 anos. Se sabe que o campo de concentración alemán de Mauthausen non estaba en Alemaña, que estaba en Austria, situado ao lado dunha canteira de pedra onde obrigarían a traballar aos alí recluídos baixando e subindo as 186 empinadas escaleiras cargados con bloques de granito, pedras que outros xa se encargaran antes de ir rompendo dos penedos da canteira, e todo iso a base do seu propio esforzo físico mo...

Dito 86 : Cancelas do cruceiro

Imaxe
  Cancelas do cruceiro Pugerom-lhe cancelas à casa onde eu nascim. Agora os meus miquinhos nom podem entrar nem sair. Minhas almas amigas, ham de travessar portas, tenhem que correr pechos, para virem junto a mim. Pecharom com cancelos as portinhas do rancho. Encherom de cancelas a casa do cruceiro. Pugerom um valado e fecharom o patio, que fora dum Monea, quedou sem aira o cruceiro. Já a ninguém lhe acorda o bar do Antonio Garcia. A jogueira da escoba, o café de milho e chicória. 🌟 Moradelha editora

Dito 85 : Palheiro

Imaxe
  Palheiro Sei que é uma cousa incrível. Mentres botava a sesta, no palheiro do Curro, clavei a agulha no cu. Ao melhor há mais dumha i espertei de súpeto. Do sobressalto petei cum feixe de pitelos. Eram ponlas mimosas, coas puntas afiadas dos golpes da machada e houvem partir a crisma. A cara feita um cristo e uma agulha no cu, mira se é incrível, o que passa no Curro. 🌟 Moradelha editora

Dito 84 : Encontro co pasado

Imaxe
  Encontro co pasado Encontros que podían haber ocorrido      Coincidiran un dia en Santomé e déranse un forte abrazo despois de mais de corenta anos sen verse nin apenas saber nada un do outro. Maruxa e Ramiro naceran nun mes de febreiro con solo dous días de diferencia de facía xa bastantes anos; asistirían a mesma escola do Taller coas mesmas mestras, e tamén xogarían a algúns dos xogos de rapaces que había naquela época; xa de mozos botarían tamén mais dun baile nas festas do lugar e de algún dos pobos do arredor; logo o tempo iríase encargando de levar a cada un a destinos e lugares diferentes.      Ao rematar a escola primaria, Maruxa fora estudiar maxisterio a Ourense e acabaría aprobando as oposicións para ser mestra, mentres que os pais de Ramiro, fose que non quixeran seguir a recomendación da súa mestra para estudalo, fose que non quixeran pagar os seus estudos con non menos recursos que os dos pais de Maruxa, ou fose que preferiran qu...

Dito 83 : Tempo de magosto

Imaxe
  Tempo de magosto As cepas da Ribeira, choram coa geada do novembro, as vides engurrunham, sabedoras que vem o inverno. Sangam os seus folhatos, sabendo-se enterrados; len no aire o outono i estoupam vermelhos. Cheira lume de frouma, jantares de defuntos. Vinho novo nas jerras, flor de carvalha nos sepulcros. Manhás de leite fervido e de castanhas asadas. Papas de flor de farinha, arrebanhando-as na pota. 🌟 Moradelha editora

Dito 82 : O parmadinho Rafael

Imaxe
  O parmadinho Rafael Move o cu nugahám que come-te a preguiça; tiveches a vida regalada e nom quigeches aproveita-la. Arrebanha o pouco que che quede, que nom se veja nim fecha do que eiqui aconteceu-se, entranto nos loureiros durmias. Tapai os buratos todos, que no quede ningum rasto, que nom se veja nim pinga, do medo que poido convosco. Ide durmir se podedes, sem molestar aos meninhos, que nom tenhem culpa ningunha, das cousas que vos tormentam. Um jardim vos regalarom e chimpastes quanto havia; engordou-vos bem o egoísmo, puido convosco a avareza. A vosa pesada carga, nom serei eu quem a leve, ainda que só há de ter palha, nom serei quem cha leve. Mira o teu irmao Venancio, que nom para de carrejar e desperta já Rafael, que vas morrer parmado. Move o cu Rafaelinho e a ver se vas aprendendo, que o que na casa falamos, nom hás de ir padricando. 🌟 Moradelha editora

Dito 81 : Angelina

Imaxe
  Angelina Passava as tardinhas debulhando milho, no pé da lareira. No seu pé o miquinho botava-lhe um olho, ao cambiar de espiga. Eu sei que rezava mentres debulhava, a tia Angelina. Pedia-lhe a Deus por nós, que saúde nos dera, nos dera fortuna. Nas tardes do inverno, a tia Angelina debulhava o milho. No pé da lareira, roncava o seu Pitís, no pé de Angelina. Orava pro nobis rezando o rosário, contava graos milhos, a tia Angelina. 🌟 Moradelha editora

Dito 80 : Carme de Vito

Imaxe
  Carme de Vito (dixit) - Bem clemente és ho !. - Quanto che gosta a jogueira !. - Ide aos figos, que já madurarom ; hai bem deles, no pé do valado. - Quanto che gosta a jogueira ho !. - Pareces o tio Clemente, que sempre andava nela. - Ide aos figos, que já madurarom e sabem muito. - Nom sejades clementes e descansai da brisca. - Deixai a jogueira, que hai figos maduros, no pé do valado.                     🌟 Moradelha editora

Dito 79 : Sábias nais

Imaxe
  Sábias nais Nais com lume no peito e rosas nos seus beiços, áas infinitas de cegonha e arte inato nas entranhas. Vivindo atormentadas, no instante vomitavam uma enorme sabedoria, que a elas lhe fora concedida. Umas nais angustiadas por uma sensibilidade, que habitando nelas, deixava-as a cotio extasiadas. Que por riba da gente, suas miradas sobressaem, acarrejando o rio da vida  a cavalinho do seus ventres. As nais infatigáveis, que manhá ham de vencer uma corrente que as remexe sem sossego, todas as noites. 🌟 Moradelha editora

Dito 78 : A loba ferida

Imaxe
  A loba ferida Co sigiloso caminhar duma loba moi ferida, que vai tragando seu ódio pola gorja e os colmilhos. Coa fereza consumida ao haver visto e suportado, uma tragédia tam cruenta, naqueles dous pequeninhos. Vai ouveando-lhe à Lua dende o mais alto penedo, pedindo que lhe dé forças para poder seguir com vida. Renovar a sua esperança, bicando novos retonos; viver com novas arelas ante a adversidade magna. Som umos passos de loba, cumhos rastos de tristura; umas pisadas magoadas é arrecendo de amargura. Quere clavar os gadanhos na noite pecha, dum brinco. Zugar a Lua, dum ouveo e arrincar-se o coraçom. Olhos de brancos coitelos vagando na noite escura. Noite negra de siléncio na face oculta da loba. A sua inteligéncia bestial, o assassinado sorriso dum animal penitente de espírito valeroso. Com vagar na noite insónia polos perfiles da serra, lucindo a sua silhueta, vai majestuosa a loba. Vai em pesca de ventura, deixando atrás tanto ódio, esquecendo a desventura, a barbárie e a...

Dito 77 : Día de feira

Imaxe
  Ourense 17 de Xullo de 2021 A Feira e as Burgas Un día de feira como outro calquera Quedaran en verse no Mesón para saír todos xuntos, ao final resultara un grupo bastante numeroso, máis homes que mulleres entre os que tamén habería algún raparigo. Era un día sete ou dezasete dun mes do verán de pouco despois da guerra, polo tanto día de feira en Ourense; máis ou menos todos levaban unha lista, fose escrita ou ben na cabeza, de cousas que precisaban ou encargos que lle fixeran. Erguéranse ás catro da mañá coa idea de que lle rompera o día en Trelle e poder estar nas primeiras horas na feira que era cando mellor se mercaba. Aínda que saíran todos xuntos, subindo a Pedra Furada o tío Rubio e o tío David (Gaiteiro) sen darse de conta fóranse quedando distanciados na escuridade, enfrascados como irían nunha conversa moi animada que por momentos facía que se quedasen parados a discutir e razoar; os que ían diante a veces tamén se paraban e chamábanos para que apurasen, eles en pri...

Dito 76 : Sam Lourenço

Imaxe
  Lua Nova  de Sam Lourenço Agardunho à noite escura com ánsia de companhia. Paso a páxina dum livro, paréntese na leitura. Dende o meu longo corredor vejo uma noite pechada, entranto paso uma folha e o que lim já o esqueço. Cheia de estrelas no ceo na noite pecha sem Lua. Distrai-se-me o pensamento e pouso na tábua o livro. Aperto à noite estrelada ao nom avistar a Lua. É noite de Lua nova, prelúdio duma arabesca. É noite de Sam Lourenço, som meus recordos de Osca. Conto foguetes no ceo e pedirei um devezo.  Acordo Pinhor em festas, coas bágoas de Sam Lourenço, contar fugazes estrelas, mirando de cara o ceo. A festa de Sam Lourenço, de Baldariz os recordos, onde jogava de neno na noite do dez de Agosto. 🌟 🎵 Estrela Moradelha editora

Dito 75 : Pronto voou o Pichón

Imaxe
  Casa do Pichón ¡Pronto voou o Pichón!    Si recordar, e vivir dúas veces, entón esquecer sería morrer dobremente.   (anónimo)   « Un día que lle andaba axudando a meu padriño a arrancar patacas no Bacelo, díxome:   - tes que marcharte de aquí, esta non é vida para un rapaz coma ti, vaite para Venezuela, alí terás mais oportunidades e poderás gañar cartos, mentres que aquí nunca sairás da miseria. - Eu díxenlle: e como me vou ir, si non sei nin o que teño que facer - pois mira, dixo el, vas a Ourense a unha axencia de viaxes e alí diranche todo o que necesitas - pero tampouco teño os cartos para a viaxe - ti por iso non te preocupes, respondeume el, os cartos téñoos eu. Recordo que fun a unha axencia que había na rúa do progreso e dixéronme que necesitaba un consentimento dos pais e que a viaxe me costaría arredor de 8.000 pesetas. Desde Ourense volvín polo concello de Cartelle para pedir o consentimento, tiña que levarllo a meu pa...