Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2022

Dito 103 : Familias, casas e cousas (I)

Imaxe
  Familias, casas e cousas (1) A casa que queda detrás do cruceiro de Santomé fora de Saladina e de seu home, Delmiro Fernández Méndez, de Macendo. Tamén na igrexa de Macendo sería onde casaran o día de Santo Tomás de mil novecentos vinte. Saladina Yañez Rodriguez nacera o día nove de setembro de mil oitocentos noventa e seis e foi bautizada dous días despois na igrexa de Cartelle. O matrimonio tivo, que se saiba , tres fillos, unha muller e dous homes. Saladina tamén era irmá de David (o Gaiteiro), seus pais chamábanse Xosé e Preciosa. Antes de nada dicir que estes datos, e outros que irán aparecendo, están recollidos do Arquivo Histórico Diocesano de Ourense. Veñen a ser libros de rexistro de bautismos e casamentos celebrados na parroquia de Cartelle nunha época que aínda non existía a de Santomé. Dicir tamén que, segundo a lei de protección de datos, neste arquivo non se poderían consultar rexistros dos últimos cen anos. O sentido que teñen estas paxinas, non sería tanto o d...

Dito 102 : Eladio da Cruz

Imaxe
  Eladio da Cruz Foise Eladio e Santomé acaba de perder ao seu banco de memoria dos últimos tempos. Un disco duro, sen deixar copia de datos, a wikipedia do lugar, sen acceso a Internet. Marchou Eladio e a Cruz xa nunca será a mesma, porque acaba de perder un dos seus brazos mais simbólicos. O que non cre no ceo tampouco lle ten medo ao inferno. Para El o ceo e o inferno estarían nesta vida, a que lle tocara vivir. Algún inferno sufrirao de moi novo cando a seu pai, mestre da República, perseguírano os fascistas para matalo e tivera que esconderse durante mais de tres anos sen poder ver aos seus fillos, ou cando algúns dos rapaces da súa idade o insultaban, ignorantes eles, chamándolle comunista ou cuspíndolle ao pasar. Para El o ceo era ter boa saúde, os bos días de sol, e tamén a tranquilidade de estar na Aira ou no bar falando cos veciños, recollendo e dando información coa súa prodixiosa memoria, das xentes e do acontecido que puidera haber dende que tiña recordos. Mágoa ...

Dito 101 : Santomé no tempo

Imaxe
  Santomé no tempo (século XVII) O primeiro bautizo que aparece no primeiro libro de rexistro da parroquia de Cartelle (xaneiro de 1683), pertence a un neno de Tercias , (era así como lle chamaban a Terzas por aquelas datas). Ao recen nacido puxéranlle de nome Domingos, era fillo de Domingos Martinez e María Feixó, os padriños foran Álvaro e María Alvarez de Baldaríz. Nese primeiro tomo que se atopa no Arquivo Histórico Diocesano de Ourense aparecen rexistros dende xaneiro de 1683 a xuño de 1719 O segundo e terceiro da lista foran bautizados no mesmo día: domingo, dous de maio de 1683. Aos nenos puxéranlle aos dos o mesmo nome: Diego, e tamén serían mesmos os padriños: Diego López e Lucía Villar de Santomé. Os pais de un eran Andrés Pérez e Juana Hermida, os do outro chamábanse Miguel Pérez e María Villar, todos de Baldaríz. Esa mesma parella de padriños aparecería varias veces mais apadriñando a nenos de Baldaríz, Terzas e Santomé. Cando isto ocorría, adoitaban poñerlle ao bau...

Dito 100 : Do Mesón ás Empozadas

Imaxe
  O Mesón Maio de 2016 Do Mesón ás Empozadas -¿Ti acórdaste cando íamos por aquí ao monte co gando cara o Lameiro de Ramiras ou Val Redondo? -Como non me bou acordar, ás veces xuntabámonos varios e deixabamos que as vacas andasen soltas pacendo mentres nos xogabamos á piña, o perrojato ou calquera outro xogo de rapaces inocentes e sen malicia Aquel día Maruxa e Ramiro colleran a súa andaina en dirección aos Feás, pasaran polo Barreiro e pensaban ir hasta as Empozadas polo camiño mellorado agora pola chegada da parcelaria, para despois vir de volta pola estrada dos Castros. -Malicia non habería moita pero xa non eramos tan rapaces, e inocentes menos, eu recordo que sempre andaba aproveitando algún descoido que podiades ter as mulleres para vervos as pernas, aínda que era practicamente imposible xa que traiades uns vestidos tan longos e unhas medias hasta tan arriba que non deixaban ver nada -¡Mira ti!, mal pensei eu que foses un aproveitado deses, coa cariña que tiñas de b...

Dito 99 : Augas do Ribeiro

Imaxe
  Augas do Ribeiro Sinte-se o cantar da auga, que tam viva salouca nas pedras do Ribeiro, de Santomé tesouro. Um pequeno regato cum caudal de inspiraçom. Um meninho choutando em pesca do rio Gato. Nossos pais e mais avoos monearom coas suas augas. Som eles a arvoreda que agora nos agarima.  Na nossa vida eles som o lume nas lareiras, o aire que respiramos, o vento que nos fala. As ánimas que cantam saloucando nas pedras a sinfonia do Mundo, indo de cara o Minho. Disfrutando essas augas no carrossel da vida, cavalgando nas nuvens, volvendo ao val do Gato. 🌟 Moradelha editora 

Dito 98 : Pepe foise de Rositas

Imaxe
  Pepe foise de Rositas    Non sabería dicir con certeza si foramos amigos ou compañeiros, o certo era que sempre nos levamos ben. Na escola do Taller á que asistiramos dende os seis anos, sentabámonos durante un tempo nun mesmo banco onde, co resto dos da fila e sen que a mestra se dese conta, abriríamos a petrina mais dunha vez para comparar quen era o que a tiña mais grande. O descorrer do tempo e a natureza fóranse encargando de que pasásemos de rapaces a mozos case sen darnos conta, aínda que uns mais favorecidos fisicamente que outros para gustarlle ás mulleres, así el acabaría tendo moito mais éxito sen apenas molestarse en buscalas mentres que a min, por moito que o intentase, faríanme menos caso. Cumpridos mais ou menos dezaoito anos Pepe “botouse” unha moza na Seara cando aínda estaba de moda que a nai da moza deixase subir ao cuarto da casa ao seu pretendente; eu acompañárao algunha vez, mais que nada para ir de paquete na súa Montesa que acababa de compr...

Dito 97 : Os devanceiros

Imaxe
  Os devanceiros Segundo o minucioso e detallado inventario levado a cabo polos autores do catastro de Ensenada, no   Santomé de 1752 vivían no lugar 59 familias dás que se podería estimar un resultado aproximado de 250 habitantes. Ollero aquí non sería un apelido, era un oficio ( oleiro ), que facía olas de barro, en Santomé había dezaseis rexistrados, todos homes, pero solo   no escrito, a realidade sería ben distinta. Nun estudo publicado neste mesmo blog co título de oliñas veñen e van (22/5/2020) , se sostiña que maiormente serían as mulleres as que máis se dedicaban a este oficio, mentres que o traballo dos homes limitaríase en axudarlle a buscar o barro e cocer as olas xa rematadas nos tres fornos comúns que houbera no lugar. Que a muller quedase relegada neste tipo de documentos, pode apreciarse tamén comparando no gráfico: Juan Gago era zapateir o, José Pérez e Juan López oleiros ; aos homes sempre lles asignaban unha profesión, mentres que Juana Pérez, q...