Publicacións

Dito 92 : Diario dun infeliz

Imaxe
  #Edvard Munch Diario dun infeliz « Dende que non escoito as miñas voces ando un pouco mais solo e perdido. Están a darme unha medicación para que esas voces non volvan outra vez, e para iso, unha vez ao día tomo un psicotrópico, unha pastilla de color azul que me deixa a boca tan seca que apenas se me entende o que falo. Logo séguelle un estabilizador do ánimo de sabor amargo para, segundo me din, combater a depresión, o cal me estriñe e me fai inchar pola retención de líquidos, así que teño que tomar un diurético e tamén un laxante para aliviar eses síntomas. O diurético dáme dolor de cabeza e teño que combater ese efecto secundario con analxésicos, mentres corro ao baño para resolver o outro. Ademais, cada quince días inxéctanme un potente antipsicótico no ambulatorio. Dinme que ese antipsicótico sería para impedir que teña conductas malignas ou suicidas pero tamén me produce un lixeiro tremor nas mans e unha contracción nas comisuras dos labios e da cara que parece que vou f...

Dito 91 : Estoutevendo labrego

Imaxe
  Estoutevendo labrego O Estoute fora à cidade renovar o DNI. Ao chegar à comissaria : - Estoutevendo ?     - Si, eu tamém .. - Já, peró o que aqui pom é seu nome ?     - Si, claro, é bem clarinho. - É um pouco raro, nom ?     - Pra mim nom, levo toda a vida com el.     - Meu pai já nom vive para explicar-lho. - A primeira vez que o sinto !     - Todo o mundo di o mesmo. - Bem, a sua profissom, labrador ?     - Si, seica labrego, nom se pode pór. - Já, hai que pó-lo na língua oficial, em español.   Nom se pode ponher num dialeto.   Ademais, vostede nom tem um negócio ?     - Si tenho um negócio, peró fum labrego sempre. - Mire, imos pór profesión comerciante,   que queda mais eleghante, e vostede vive na cidade   e já nom lavra nada.     - Ponha como queira, vostedes mandam !       Peró saiba que os que somos labregos,       lavramos sempre. Moradelha ed...

Dito 90 : As casas velhas de Santo Tomé

Imaxe
  As casas velhas de Santo Tomé Coronam as casas velhas coas suas pedras de porpianho, com cores de tantos anos, suas pegadas seculares. Os microscópicos jardins nas artísticas paredes de plantas pre-históricas, óxidos de musgo e líquen. Com fentas nas fendiduras, agarrando-se ao substrato, enraizadas cos invernos geados coma coitelos. Elas escrevem a história do nosso amado Santomé. Essas pedras centenárias das casas da nossa aldea. Nas escaleiras sentados, cheia de contos contados nas manhás dos dias santos, ao quente do Sol do inverno. E ao resguardo da choiva, contra a parede da corte, ao agarimo das pedras e do fumegar do estrume. Música do pingar da auga caindo nos bebedeiros, que postos baixo os telhados dabam de beber ao gando. A auga limpa e bem fresca destilada pros animais, acabada de recolher no pé da sua parcela. Se as pedrinhas falaram !, quantos contos contariam ?, cumhas mulheres e hominhos aquitiempos já contaram. Raiz da velha figueira, que ainda sostem-lhe as ped...

Dito 89 : Encontros que podían haber ocorrido

Imaxe
  Santo Tomé, Marzo 2012 De conversa polas Airiñas        -¡Ti podes crer que por onde estamos a pasar agora tiñamos nos unha viña e a única maneira de vela sería pechando os ollos e facer memoria, xa que doutra maneira solo se poden ver toxos, silvas e piñeiros!    -Dimo a min, que moitas noites na cama e sen durmir, penso nalgunhas fincas que tiñamos e neses momentos sería capaz de saber como eran as marxes, e onde se atopaban os marcos, pero cando estou na zona son incapaz de localizalas.    Esta conversa levaban Maruxa e Ramiro aquela tarde de outono paseando pola pista recen feita coa chegada da parcelaria en Santomé. Decidiran ir a tomar un café pero cando estaban chegando ao bar acordaran deixalo para mais tarde e seguir andando hasta a Cruz, alí coller á esquerda cara ás Airiñas, pasar pola Subilleira, os Cardedos e seguir hasta o Tapado.    -A min iso tamén me pasa cos camiños, que penso que vou co carro de vacas ou andando...

Dito 88 : Compañeiros de andar aos niños

Imaxe
  Compañeiros de andar aos niños Poido ocorrer nos principios dos anos 1960, Antonio sancristán mais eu, ademais de monaguillos do primeiro cura que viñera novo para Santomé, eramos compañeiros de xogos e tamén de andar na busca de niños. Daquelas había moitos paxaros que facían os seus niños debaixo das tellas da igrexa, case todos eran negros, nos chamabámoslle cirrios a uns que eran moi parecidos ás andoriñas e choios a outros que se asemellaban aos merlos, debían de ser estorniños; tamén estaban os pardaos pero a estes dabámoslle menos importancia.  Antonio vivía na casa dos seus avós, o tío Xosé sancristán e a tía Elvira, xa que seus pais botarían unha longa temporada en Venezuela; como a veces era el o que abría ou pechaba a porta da igrexa, non lle sería nada difícil conseguir as chaves para subir ao campanario, dende alí, acceder ao tellado, quitar as tellas onde se intuía que podían estar os niños e collerlle os ovos que podían ter, sería unha tarefa bastante fá...

Dito 87 : O que se sabe e o que se supón que poido pasar

Imaxe
  Antonio Villar Febrero O que se sabe e o que se supón que poido pasar Se sabe que se chamaba Antonio, que o alcumaban (Caraveleira) e que nacera no fondo do Lugar, na casa onde hoxe vive Virxinia coa súa familia, un primeiro de ano de 1912; alí crecería e asistiría á escola do Cruceiro salvo nos días que tivera que axudarlle a seus pais a traballar as terras ou en ir pro monte co gando; logo faríase mozo, iría ás mozas e acabaría casando e tendo familia, se non fora porque algúns moi lonxe de alí e sen sequera coñecelo de nada, decidiran privalo da súa vida cando solo contaba 29 anos. Se sabe que o campo de concentración alemán de Mauthausen non estaba en Alemaña, que estaba en Austria, situado ao lado dunha canteira de pedra onde obrigarían a traballar aos alí recluídos baixando e subindo as 186 empinadas escaleiras cargados con bloques de granito, pedras que outros xa se encargaran antes de ir rompendo dos penedos da canteira, e todo iso a base do seu propio esforzo físico mo...

Dito 86 : Cancelas do cruceiro

Imaxe
  Cancelas do cruceiro Pugerom-lhe cancelas à casa onde eu nascim. Agora os meus miquinhos nom podem entrar nem sair. Minhas almas amigas, ham de travessar portas, tenhem que correr pechos, para virem junto a mim. Pecharom com cancelos as portinhas do rancho. Encherom de cancelas a casa do cruceiro. Pugerom um valado e fecharom o patio, que fora dum Monea, quedou sem aira o cruceiro. Já a ninguém lhe acorda o bar do Antonio Garcia. A jogueira da escoba, o café de milho e chicória. 🌟 Moradelha editora

Dito 85 : Palheiro

Imaxe
  Palheiro Sei que é uma cousa incrível. Mentres botava a sesta, no palheiro do Curro, clavei a agulha no cu. Ao melhor há mais dumha i espertei de súpeto. Do sobressalto petei cum feixe de pitelos. Eram ponlas mimosas, coas puntas afiadas dos golpes da machada e houvem partir a crisma. A cara feita um cristo e uma agulha no cu, mira se é incrível, o que passa no Curro. 🌟 Moradelha editora

Dito 84 : Encontro co pasado

Imaxe
  Encontro co pasado Encontros que podían haber ocorrido      Coincidiran un dia en Santomé e déranse un forte abrazo despois de mais de corenta anos sen verse nin apenas saber nada un do outro. Maruxa e Ramiro naceran nun mes de febreiro con solo dous días de diferencia de facía xa bastantes anos; asistirían a mesma escola do Taller coas mesmas mestras, e tamén xogarían a algúns dos xogos de rapaces que había naquela época; xa de mozos botarían tamén mais dun baile nas festas do lugar e de algún dos pobos do arredor; logo o tempo iríase encargando de levar a cada un a destinos e lugares diferentes.      Ao rematar a escola primaria, Maruxa fora estudiar maxisterio a Ourense e acabaría aprobando as oposicións para ser mestra, mentres que os pais de Ramiro, fose que non quixeran seguir a recomendación da súa mestra para estudalo, fose que non quixeran pagar os seus estudos con non menos recursos que os dos pais de Maruxa, ou fose que preferiran qu...

Dito 83 : Tempo de magosto

Imaxe
  Tempo de magosto As cepas da Ribeira, choram coa geada do novembro, as vides engurrunham, sabedoras que vem o inverno. Sangam os seus folhatos, sabendo-se enterrados; len no aire o outono i estoupam vermelhos. Cheira lume de frouma, jantares de defuntos. Vinho novo nas jerras, flor de carvalha nos sepulcros. Manhás de leite fervido e de castanhas asadas. Papas de flor de farinha, arrebanhando-as na pota. 🌟 Moradelha editora

Dito 82 : O parmadinho Rafael

Imaxe
  O parmadinho Rafael Move o cu nugahám que come-te a preguiça; tiveches a vida regalada e nom quigeches aproveita-la. Arrebanha o pouco que che quede, que nom se veja nim fecha do que eiqui aconteceu-se, entranto nos loureiros durmias. Tapai os buratos todos, que no quede ningum rasto, que nom se veja nim pinga, do medo que poido convosco. Ide durmir se podedes, sem molestar aos meninhos, que nom tenhem culpa ningunha, das cousas que vos tormentam. Um jardim vos regalarom e chimpastes quanto havia; engordou-vos bem o egoísmo, puido convosco a avareza. A vosa pesada carga, nom serei eu quem a leve, ainda que só há de ter palha, nom serei quem cha leve. Mira o teu irmao Venancio, que nom para de carrejar e desperta já Rafael, que vas morrer parmado. Move o cu Rafaelinho e a ver se vas aprendendo, que o que na casa falamos, nom hás de ir padricando. 🌟 Moradelha editora

Dito 81 : Angelina

Imaxe
  Angelina Passava as tardinhas debulhando milho, no pé da lareira. No seu pé o miquinho botava-lhe um olho, ao cambiar de espiga. Eu sei que rezava mentres debulhava, a tia Angelina. Pedia-lhe a Deus por nós, que saúde nos dera, nos dera fortuna. Nas tardes do inverno, a tia Angelina debulhava o milho. No pé da lareira, roncava o seu Pitís, no pé de Angelina. Orava pro nobis rezando o rosário, contava graos milhos, a tia Angelina. 🌟 Moradelha editora